Conversa Wikipedia:Efemérides destacadas/16 de agosto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sería bo indicar aquí algo como "Hoxe é o día de San Roque, festividade en diversas parroquias galegas", ou "Hoxe é o día de San Roque, patrón de diversas parroquias galegas", ou algo similar? Eu penso que procede. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:21, 16 de agosto de 2010 (UTC)

Teño dúbidas respecto do aspecto relixioso... Ti como o ves? --Xabier Cid Talk, please 09:07, 16 de agosto de 2010 (UTC)
Creo que hai certas festividades (San Xoán, San Benitiño, San Xurxo, San Salvador...) que trascenden o aspecto relixioso, e que cultural/antropoloxicamente teñen a súa importancia. Nós xa vivimos nunha época no que como moito o máis importante do día de San Roque é a actuación da orquestra Panorama en tal sitio, a festa da auga de Vilagarcía, e o festivo local en Vigo, pero creo que certas festividades teñen certa importancia na tradición popular. Non sei se me explico ben. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:59, 16 de agosto de 2010 (UTC)
hahahaha, xa non podo editar esa páxina!! :D :D --Xabier Cid Talk, please 10:51, 16 de agosto de 2010 (UTC)