Conversa:Xertrude (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Na tradución galega de Hamlet a nai ten como nome Guertrud, quizais por razóns de rima (é unha suposición miña) o tradutor non utilizou a forma que aparece no Dicionario dos nomes galegos, Xertrude.--RNC 17:22, 8 decembro 2009 (UTC)

Feito, e graciñas por avisares.--Xabier Cancela (fálame 17:39, 8 decembro 2009 (UTC)

Ten en conta que se lle deron o nome polo personaxe ten que ser Guertrud, xa que é ese o nome que recibe na versión galega de Hamlet, Xertrude aínda que é o nome lexítimo galego non é o nome do personaxe na versión galega.--RNC 17:42, 8 decembro 2009 (UTC)
Pois non sei que dicir, cambiar Gertrude por Guertrud, directamente paréceme unha parvada, eso de traducir nomes estranxeiros a medias paréceme coma mínimo un pouco miserable, aínda que fose usado Guertrud na versión galega de Hamlet, xa que Gertrude ou Xertrude serán buscados, pero por Guertrud non vai buscar ninguén, co cal quedaría morto (o meu parecer) o artigo. Por outra banda, non sei o que hai que facer neste casos para decidir que facer, algunha idea?--Xabier Cancela (fálame 18:00, 8 decembro 2009 (UTC)
Neste caso, ao existir só unha tradución galega de Hamlet, non lle podemos cambiar o nome ao personaxe pola nosa conta, se foi axeitado ou non queda fóra do que nós podemos decidir, poderiamos utilizar o nome orixinal pero mudalo a Xertrude tampouco lle vexo moita aquela xa que non é o nome do personaxe de Hamlet en ningunha versión, pero non hai présa e ben podemos esperar por se participa máis xente na conversa.--RNC 18:07, 8 decembro 2009 (UTC)
Son da idea de que os nomes dos planetas son como nomes comúns que en cada lingua teñen a súa forma. Non son topónimos que obriguen a respectar a forma orixinal (e que aínda así, tamén adaptamos cando procede). A orixe do nome (unha muller chamada Guertrud) permítenos segui-lo procedemento e darlle o nome que esa muller recibe en galego. Mante-la forma orixinal que lle deu o descubridor, como se fose unha especie de marca rexistrada, paréceme demasiado purista, e non se fai con tantas outras realidades que alguén bautiza nun momento determinado, moitas veces en lembranza dun persoeiro célebre, real ou ficticio. Ó final, esa realidade pasa a recibi-lo nome máis acaído en cada lingua. Claro que asumo que Guertrud é o mesmo que Xertrude, porque se se trata dun nome inventado xa nada do dito ten ningún sentido. Pedro --Lameiro (conversa) 18:41, 8 decembro 2009 (UTC)