Conversa:Xaime Isla Couto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Sempre tiven dúbidas respecto ó apelido: Illa ou Isla? Tanto na Galipedia como na rede e en diversos lugares atópanse as dúas versións por igual. Aquí optouse por Illa no nome do artigo, porén dentro o seu irmán e a fundación figura como Isla. Habería que aclarar ben cal usar. AlberteSi, digame? 14:35, 21 maio 2008 (UTC)

Non creo que se deba aclarar ben cal usar, porque non está claro. Por poñerche un exemplo máis evidente: Ricardo Carballo Calero usou este nome e, na ultimísima etapa da súa vida estoutro de Ricardo Carvalho Calero. Cal dos dous é o seu nome correcto? Que criterio seguimos? Podería argumentarse que ten que prevalecer o último nome que se deu, pero tamén se pode argumentar que debe prevalecer o nome polo que se coñeceu durante máis tempo... Iso tamén sucede cos nomes dos políticos e dalgúns deportistas, por exemplo, que se empregan indistintamente coa forma galega ou coa forma castelá. Cal é a correcta? As dúas, claro. Por exemplo, na Biblioteca Nacional de España hai dúas entradas por Xaime Isla, pero por Xaime Illa rediríxeche a Isla (quero dicir, tamén aparece por Illa). Eu non lle daría máis voltas: é unha persoa que foi coñecida con dous nomes ou, para ser exactos, cun nome variábel, como Mendiño ou Xohán de Cangas, ;) --Xabier Cid 15:03, 21 maio 2008 (UTC)

Referencias:

  • Isla Couto: GEG, EGU, Culturagalega, Carlos Casares ("Ramón Piñeiro", 1996; "Da miña acordanza. Memorias", 2002), Fundación Isla Couto [1], DOG (nº 152, de 9.08.1989), Concello de Poio (Concurso Literario Xaime Isla Couto).
  • Illa Couto: RAG [2], Galaxia [3].

Visto isto, resulta difícil dar prioridade a unha ou outra forma. Supoño que o peso "normativo" da RAG -xa sei que en apelidos non vale moito- é unha razón de peso. Lémbrese que Illa Couto é membro da RAG e que estará de acordo coa forma Illa. Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 12 maio 2009 (UTC)

Concordo--Atobar (conversa comigo) 22:36, 12 maio 2009 (UTC)


Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xaime Isla Couto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 13:52 (UTC)[responder]