Conversa:Xacemento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Feita a consulta á Real Academia Galega sobre a validez da forma xacemento para designar o lugar onde se atopan restos arqueolóxicos ou paleontolóxicos, Antón Santamarina contestoume que:

  1. Na súa acepción de xeoloxía, o español utiliza yacimiento, o inglés deposit ou bed, o francés gisement e o portugués jazigo. En galego optouse por depósito ou xacemento.
  2. Na acepción de arqueoloxía, só o español utiliza yacimiento (yacimiento arqueológico e sitio arqueológico), mentres que en inglés é site ou archaeological site, en francés site ou site archéologique e en portugués sitio ou sitio arqueológico; en italiano só sitio. En galego optouse por sitio.
  3. O castelán calcou o francés gisement para todo, e o catalán igual: jaciment arqueològic (o catalán vai case sempre co castelán).
  4. É certo que o Dicionario Visual da Construción (2008) utiliza depósito (e depósito mineral) para o primeiro caso e xacemento arqueolóxico para o segundo.
  5. En calquera caso, trátase dun préstamo, polo que habería razóns para calquera das dúas solucións, pero para revisar a definición actual da Academia habería que achegar razóns.

Con estas referencias, debemos evitar o uso da palabra xacemento cando esteamos a falar de sitios arqueolóxicos ou paleontolóxicos. Vou proceder a facer as oportunas correccións. Pedro --Lameiro (conversa) 16:09, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Moitas grazas, Pedro e Antón. --. HombreDHojalata.conversa 18:57, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Xacemento agora é válido[editar a fonte]

Non sei desde cando, pero o DRAG acepta xacemento como "Lugar onde se concentran restos arqueolóxicos. 'Existen xacementos prerromanos correspondentes a poboacións castrexas'. SINÓNIMO sitio arqueolóxico", así que borro a afirmación que damos de que o uso nese contexto é incorrecto. Pedro Lameiro (conversa) 24 de xullo de 2022 ás 19:09 (UTC)[responder]