Conversa:Universidade de Uppsala

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aínda sendo Uppsala o topónimo correcto ou aceptado, hai só na Wikipedia en galego máis de 500 páxinas que mencionan Upsala, así que o práctico penso que é non eliminar a páxina https://gl.wikipedia.org/wiki/Universidade_de_Upsala e deixar a redirección. Gasparoff (conversa) 26 de abril de 2022 ás 09:22 (UTC)[responder]

Boas Gasparoff, na Galipedia non facemos redireccións de termos incorrectos ou non referenciados. No caso de Upsala é obvio que é polas traducións de artigos a partir do castelán, onde esa forma é a correcta e referenciada. O que deberíamos facer é modificar eses artigos e poñer o termo Uppsala, que é o nome da cidade na súa propia lingua. Se en galego non podemos referenciar Upsala deberíamos usar só a forma orixinal.--Breogan2008 (conversa) 26 de abril de 2022 ás 09:41 (UTC)[responder]