Conversa:Trofeo Cidade de Vigo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edicións 1994 e 1997[editar a fonte]

Os datos da páxina web da RSSSF parecen bastante fiables, mais xa atopei algún que outro erro. Por exemplo, na edición de 1994 dan como gañador ao Celta dun torneo triangular no que tamén participaban Real Madrid e Valencia, algo que é totalmente falso. En realidade, esa edición xogouse a partido único entre o Celta e o Independiente de Medellín, resultando gañador este último. Pódese comprobar que é así cos datos que se dan tanto na páxina web do Celta coma nas hemerotecas de El País e do ABC.

Por outra banda, na edición de 1997 danse diferentes resultados segundo o lugar que se consulte. A páxina web do Celta e o Faro de Vigo dan como vencedor ao Lazio. Pola súa parte, a páxina web da RSSSF e as hemerotecas do ABC e de El Mundo Deportivo dan como vencedor ao Celta. Na miña opinión, son máis fiables estes últimos, posto que dan máis datos e nas hemerotecas podemos ver os artigos escritos no mesmo día do partido, polo que sería moi estraño que se equivocasen no resultado. A páxina web do Celta foi creada moitos anos despois do torneo e pode tratarse dunha errata, e o Faro de Vigo puido tomar simplemente os datos da páxina do Celta para escribir o artigo que aquí se cita.--VaiPolaSombra (conversa) 19:36, 1 de agosto de 2012 (UTC)

Bo traballo. Mesmo podes mandarlle un correo-e ó Celta para que comproben/corrixan os seus datos. --. HombreDHojalata.conversa 19:41, 1 de agosto de 2012 (UTC)
Boa idea! Acabo de escribirlle ao webmaster da páxina, aínda que me dá que me fará tanto caso como fan os do dicionario da RAG... --VaiPolaSombra (conversa) 20:01, 1 de agosto de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Trofeo Cidade de Vigo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 00:26 (UTC)[responder]