Conversa:Traza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A primeira liña do artigo é un tanto escura, traza ou couza son as denominacións populares en galego dependendo das zonas, como pode variar entre rexións e países os insectos que reciben ese nome se é a denominación popular en galego, non o entendo, a que se refire?.--Cheluco 19:42, 16 de outubro de 2010 (UTC)

Outra dúbida máis, segundo o artigo a traza ou couza é diferente da carcoma pero para o Dicionario Normativo Galego-Castelán son sinónimos.--Cheluco 20:16, 16 de outubro de 2010 (UTC)
Couza ou traza designan, que eu saiba, os dous bichos (carcoma e polilla), amén doutros significados. Tamén se chaman caruncho (a primeira), trilla, corta ou rela (nomes que tamén designan outros bichos e outros conceptos). Non creo que poidamos dar unha forma común estandar distinta para un e para outro, apoiada en referencias seguras. Outra cousa é que *carcoma é un castelanismo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:28, 16 de outubro de 2010 (UTC)
Mudei logo a primeira frase, creo que interpretei ben o que dis pero se non é así faino saber.--Cheluco 21:33, 16 de outubro de 2010 (UTC)
Entendo que hai moitas trazas que viven fóra das casas polo que mudei a redacción. Estou errado?--Cheluco 22:06, 16 de outubro de 2010 (UTC)
Penso que o nome xeral común que mellor lles cadra aos heteróceros é avelaíña (ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avelaíña.), que son as bolboretas (xeralmente) nocturnas. Dentro delas unha pequena parte teñen larvas que atacan a roupa ou abrigos de pel; estas son as couzas, trazas, caruncho etc. O resto non fai iso, e comen plantas. Mesmo hai algunhas larvas de lepidópteros carnívoras (comen formigas, outras eirugas etc.). Penso, por tanto, que non é igual heterócero que couza. En castelán chámanlle polillas a todos os Heterocera, e en inglés moth, pero en galego o nome couza, traza ten un significado máis restritivo e só é a "polilla" da roupa (ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para couza.). A foto do artigo é inapropiada, porque non é unha traza da roupa, senón unha avelaíña dos eucaliptos australiana da especie Opodiphthera eucalypti. Por último o insecto que fura a madeira (á parte das térmites) penso que é a larva dun coleóptero, non un lepidóptero, pero, por desgraza, tamén se lle chama couza, traza. Tendo en conta isto, habería que revisar algunhas cousas no artigo. O mellor talvez sería facer unha páxina sobre os Heterocera (aínda que a taxonomía dos lepidópteros está cambiando moito), ou mellor ampliar a páxina avelaíña, que xa está feita, e reservar a páxina traza para distinguir entre os dous insectos aos que se lle chama couza ou traza en galego: o coleóptero da madeira, e o lepidóptero da roupa, e poñer os nomes das especies que fan iso.--Miguelferig (conversa) 22 de agosto de 2016 ás 19:05 (UTC)[responder]
Secundo plenamente a proposta de Miguel. Traza é un termo tan xenérico que non o podemos utilizar como título do artigo. Sería -esaxerando un pouco- como facer un artigo baixo o título de bicho. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de agosto de 2016 ás 20:32 (UTC)[responder]
Eu tamén concordo, amañei a liña inicial e quitei a imaxe incorrecta pero teño unha dúbida, como isto non é só unha "polilla" entón hai que quitar os interwikis, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de agosto de 2016 ás 22:57 (UTC)[responder]

Modifiquei o artigo deixando só información sobre os dous tipos de trazas e eliminando información xeral sobre lepidópteros ou avelaíñas, e poñendo imaxes axeitadas. Polo momento aínda lle faltan algunhas referencias.--Miguelferig (conversa) 23 de agosto de 2016 ás 22:07 (UTC)[responder]

Xenial. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de agosto de 2016 ás 22:30 (UTC)[responder]