Conversa:Terraza fluvial

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Terraza fluvial. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de setembro de 2019 ás 21:09 (UTC)[responder]

Neste caso non seria máis apropiado decir socalco fluvial? véxase as Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terraza. e para Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para socalco..--Alfonso mande 24 de marzo de 2022 ás 11:08 (UTC)[responder]

Ola, Alfonso. Respóndoche: A definición de socalco no Dicionario da Academia Galega é inequívoca sobre que se trata dun modo de cultivo agrícola (ver). A palabra socalco tamén existe en portugués exactamente co mesmo significado (agrícola exclusivamente, ver; pero terraço ten un significado máis amplo). Os relevos dese tipo creados de forma natural polos ríos son denominados terrazas (ou equivalente) en todos os idiomas do noso ámbito cultural que eu consultei. Así, dise terraço fluvial en portugués, terraza fluvial en castelán, fluvial terrace en inglés, terrasse alluvial en francés, flussterrasse en alemán, terraça fluvial en catalán, terrazzo fluviale en italiano, rivierterras en holandés, akarsu terasi en turco, Речная терраса en ruso (onde терраса é terraza), etc. Esta coincidencia é porque é un termo acuñado internacional en xeomorfoloxía, igual que a palabra "ría", por exemplo (ver). No Dicionario da Academia Galega o termo terraza está admitido (terraza de casas, de cafeterías), pero non incluíron (polo momento) o significado fluvial, porque non inclúen as definicións de moitos termos de xeomorfoloxía (nin científicos, etc.). Podería argumentarse o mesmo sobre socalco, e de chegarse a producir, seriamos o único idioma que non utilizaría terraza, apartándose do portugués (e de todos os idiomas). O único sitio onde podes atopar "socalco fluvial" co significado de terraza fluvial é nun breve vocabulario de arqueoloxía e penso que cometeron un erro, que despois se arrastra a outros lugares. De todos os xeitos, incluín dúas referencias onde se usa terraza fluvial en galego, nunha delas alternada con "socalco aluvial". Aínda me lembro cando nun dicionario famoso apareceu que "pedra de gra" significaba arenisca (arenito, rocha sedimentaria), cando en realidade é un tipo de granito (rocha magmática), pero o erro arrastrouse a moitos libros porque saía nese dicionario, ata que finalmente o cambiaron.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2022 ás 19:20 (UTC)[responder]