Conversa:Ternera Gallega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ternera gallega[editar a fonte]

O nome oficial da denominación de orixe cal é, Ternera gallega ou Tenreira galega? Dígoo porque en moitos sitios o que aparece é Ternera Gallega. Creo que o artigo xa non ten case problemas ligüísticos. Tampouco me parece en exceso eloxiosa. As denominacións de orixe adoitan ser produtos de especial calidade e non se esaxera moito isto no artigo. Por outro lado, o artigo carece de referencias e de wikidata. Sería mellor un aviso de "artigo sen referencias".--Miguelferig (conversa) 5 de xaneiro de 2015 ás 21:18 (UTC)[responder]

  • Toda a normativa oficial (BOE e DOUE) que eu coñezo utiliza sempre a forma "Ternera gallega". No logotipo, tamén é "gallega". Mesmo en textos editados en galego pola DOP Ternera Gallega, utilizan sempre "gallega". Só coñezo o uso de "Terneira galega" nun caso dunha publicidade en 1996. No Libro da vaca, en cuxa edición colaborou a DOP Ternera Gallega, fixemos mención desa incongruencia que significaba falar de "carne con carné", en Galicia, e baixo unha denominación castelá. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de xaneiro de 2015 ás 01:14 (UTC)[responder]

Entón penso que o que hai que facer é cambiarlle o nome á páxina e cambiar os nomes dentro do texto.--Miguelferig (conversa) 6 de xaneiro de 2015 ás 13:17 (UTC)[responder]

Na sección Funcionamento afírmase que, para poder ser inscrito na Denominación, "O tenreiro debe nacer en Galicia, debe de ser gando da raza rubia galega ou morena galega, así como dos cruces entre elas,". Non existe ningunha raza "morena galega" senón "morenas do noroeste", unha agrupacición racial que inclúe a rubia, frieiresa, vianesa, limiá, caldelá e cachena. E a inscrición na Denominación non se limita ós cruces destas razas entre si, senón que está aberta ós cruces en primeira xeración de machos destas razas con femias frisoas ou pardo-alpinas. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de xaneiro de 2015 ás 18:11 (UTC)[responder]

Engadína a información, pero compriría unha referencia.--Miguelferig (conversa) 6 de xaneiro de 2015 ás 19:28 (UTC)[responder]
Xa a puxen. É a ficha técnica que publica Medio Rural. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de xaneiro de 2015 ás 20:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Ternera Gallega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de marzo de 2020 ás 00:03 (UTC)[responder]