Conversa:Tántalo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Compañeiros da Galipedia, no libro "O nome e o símbolo dos elementos químicos" obra de Termigal e do Consello da Cultura Galega aparece recollido este elemento co nome de tántalo. Deixo o aviso aquí para que se o considerades oportuno lle cambiedes o nome.--RNC 17:20, 23 setembro 2008 (UTC)

  • En troques no digalego aparece como Tantalio. Non sei cal debe ser o título do artigo, mais no corpo débese facer referencia ás dúas opcións segundo as diversas fontes. --Alberte (Si, dígame?) 19:34, 23 setembro 2008 (UTC)
    • No VOLGa vén como tantalio; tamén trae tántalo, pero como nome dunha ave (coma un marabú). Na Enciclopedia Galega Universal, tamén é así: tantalio (elemento) e tántalo (ave). Pedro --Lameiro (conversa) 21:32, 23 setembro 2008 (UTC)
      • No dicionario e na enciclopedia Século21 de Galaxia e do Cumio vén como tántalo (dúas entradas: a ave e o elemento); Ademais, penso que o libro que menciona RNC debe considerarse unha fonte primaria. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 08:46, 27 xaneiro 2009 (UTC)
  • O Dicionario da RAG recomenda o emprego de tántalo. Non sei se iso é argumento de autoridade abondo para cambiar a entrada, pero desde o punto de vista da norma, aclara bastante o debate.XustoRguez (conversa) 30 de outubro de 2013 ás 11:49 (UTC)[responder]