Conversa:Suxi

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Sushi»)

Untitled[editar a fonte]

Corrixín pauíños e paseino a paíños, que é a forma correcta. Non obstante, estiven a piques de deixar garabullos, que penso que pode ser unha opción, pero non sei se está admitida para se referir a estes paus asiáticos en concreto. Alguén que saiba? --Atobar (conversa comigo) 19:50, 17 agosto 2009 (UTC)

  • ¿paíños? Eu sempre escoitei e empregaría pauciños, aínda que non puiden atopar nin unha forma nin a outra. Pedro --Lameiro (conversa) 21:55, 17 agosto 2009 (UTC)
    • Pois é verdade, Pedro. a ver logo: paíño, pauciño ou garabullo? --Atobar (conversa comigo) 22:01, 17 agosto 2009 (UTC)
      • Se o escribise eu, pauciño. "Paíño" non me fai pensar nun pau senón nun paxaro; "garabullo" sería un pau pequeno pero máis "natural", unha poliña tirada no chan, un pau que recollo para furgar nun formigueiro ou darlle a volta a un bicho. Os do sushi véxoos máis industrializados, como os escarvadentes. Non me imaxino comendo olivas cun garabullo. Pero todo isto é por razóns de eufonía, e moi subxectivos. Pedro --Lameiro (conversa) 22:07, 17 agosto 2009 (UTC)
  • Pois tiña razón Atobar: o diminutivo é paíños e non *pauciños. Véxase no VOLGa nota a pau. Vai a vella morrendo e segue adeprendendo. Procedo a corrixir no artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 11:07, 24 agosto 2009 (UTC)

Uso de caracteres chineses ¿ou xaponeses? no texto.[editar a fonte]

Pode ter algunha xustificación o emprego de caligrafía chinesa para dar o equivalente en chinés, pero acompañando ao termo en caracteres latinos. Como exemplo do que quero dicir, abonda este parágrafo inintelixible:

  • O kanji 鮨 está voncellado co "adobo de peixe salgado". A primeira mención de 鮨 apareceu no antigo dicionario Erya (爾雅), escrito entre os séculos IV e III a. C. Nela explícase que "魚謂之鮨 肉謂之醢", traducido como "aqueles feitos con peixe (son chamados) 鮨, aqueles feitos con carne (son chamados) 醢". O 醢 é un mollo feito de porco picado e o 鮨 é un mollo feito de peixe picado. Crese que o caracter 鮨 debe ter unha orixe máis temperá no entando que o caracter 鮨 non está vencellado co arroz.

Pedro --Lameiro (conversa) 23:04, 17 agosto 2009 (UTC)