Conversa:Slow food

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo fai unhas afirmacións no encabezado que deben ser moi matizadas e deixar máis claro que non é mais que a opinión deste movemento. Afirmar, por exemplo, tal como se fai aquí, que "Para un verdadeiro gastrónomo é imposíbel ignorar as fortes relacións entre prato e planeta" é máis que discutible.

O artigo non ten nada que ver coa ecoloxía e non debe estar categorizado como tal. É unha filosofía vital, cuasi-relixiosa, que utiliza o ecoloxismo como excusa. Pedro --Lameiro (conversa) 20:07, 17 xaneiro 2008 (UTC)

  • Concordo unha vez máis. --Xabier Cid 20:19, 17 xaneiro 2008 (UTC)
  1. DiscordoSe ben é certo que as afirmacións son discutíbeis queda bastante claro que son parte da opinión que explica a existencia do movimento e con tal finalidade queda esclarecido na pouco ambigua frase "Esta é a filosofía do Slow Food" en que remata o parágrafo.
  2. * Concordo Entendo que este movemento pode, como moito, promover o consumo de produtos locais. Pero non significa que pertenza á categoría de "Ecoloxía". A ecoloxía é unha disciplina das Ciencias Biolóxicas. Porén, o ecoloxismo e o movemento ecolóxico son un movemento social cun obxectivo ético ou práctico, non científico. Para explicar mellor o que quero dicir, o consumo dunha especie autóctona ou local non ten porqué favorecer a súa conservación: igual significa a súa extinción pola elevada caza, pesca... nesa rexión.

A consideración de que non debe ser categorizado en ecoloxía este movimento é algo que non está nada ben argumentado entanto que o propio artigo cita que é un movimento favorábel á biodiversidade, contrario aos tratamentos artificiais dos alimentos e aos seus longos desprazamentos. Turonio Fala comigo 21:44, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Home... eu creo que todos temos na cabeza o que é o ecoloxismo. Non hai ningunha forza política que non diga defender a biodiversidade, mais non todas son ecoloxistas. Por esa regra de tres, os antiabortistas tamén poderían ser cualificados como ecoloxistas. --Xabier Cid 20:57, 17 xaneiro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Slow food. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de xullo de 2019 ás 22:53 (UTC)[responder]