Conversa:Six moments musicaux (Rakhmáninov)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dúbida en seisillos[editar a fonte]

Piquito, o termo seisillos non me parece correcto porque é unha copia do castelán, e penso que non é un termo creado orixinalmente nesa lingua. Porén non sei cal será o correcto en galego, nin se existirá. Penso que habería que adaptalo. Quizais debería ser seisiños, ou algo así. Tamén podería ser sestina, como din en italiano, se é que ese foi o termo orixinal, pero a ver o que din outros. Ti que pensas, Atobar? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 11:13 (UTC)[responder]

O seu era mirar nalgún manual en galego de música. Só podo engadir que en inglés, por se axuda en algo, adoita chamarse double-triplet, e polo que vexo tamén cabe a opción de sextuplet. *Seisillo é un castelanismo, iso seguro. Sinto non poder achegar máis información agora mesmo, pero heino de mirar. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 30 de xuño de 2017 ás 11:40 (UTC)[responder]
Claro, pero se non hai (ou non o atopamos) ningún manual de música, en galego, que teña ese termo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 11:50 (UTC)[responder]

Pasa o mesmo con *tresillos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 12:08 (UTC)[responder]

Elisardojm, a versión en galego de MuseScore dá tercina e sextina. Se podes cambialo ti agradézocho, e se non xa o fago eu esta noite ou mañán. Un saúdo e grazas! Piquito (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 12:52 (UTC)[responder]
Mellor será ter algunha referencia máis, MuseScore é un programa que está traducido por non se sabe quen... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 13:01 (UTC)[responder]
Trasladei a dúbida a Lexicografía. En canto respondan, informo. --Atobar (conversa comigo) 30 de xuño de 2017 ás 15:28 (UTC)[responder]
Grazas Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 23:03 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Corrixidos todos os "tresillos" e "seisillos" por tercinas e sextinas. Piquito (conversa) 1 de xullo de 2017 ás 00:13 (UTC)[responder]
Moitas grazas Atobar!! Agora o artigo está niquelado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:37 (UTC)[responder]

Dúbida en *estudio[editar a fonte]

Piquito, o termo *estudio tamén me xera dúbidas. Penso que ese termo debe ser Estudo (música), a semellanza de como está na wiki en castelán e outras, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 11:48 (UTC)[responder]

Feito! Feito! grazas de novo Atobar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2017 ás 23:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Six moments musicaux (Rachmaninov). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 21:21 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de setembro de 2019 ás 02:41 (UTC)[responder]