Conversa:Segunda división española de fútbol

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Segunda División Española»)

Ximnástica Lucense[editar a fonte]

Tanto a Ximnástica Lucense coma o UD Ourensana non son o CD Lugo e o CD Ourense, xa que estos foron fundados tras a desaparición dos primeiros e froito dun mero cambio de nome da entidade. --Anton45 (conversa) 12 de decembro de 2012 ás 18:07 (UTC)[responder]

No caso da Ourensana non sei, pero no da Ximnástica tes razón. De tódolos xeitos (se te estar a referir Estatísticas dos equipos galegos nesta páxina) o que se pode facer é outra táboa poñendo a modo de curiosidade os datos como se estes equipos fosen a continuación directa (non sei se me expliquei ben), xa que moitos medios de prensa así o fan.--Adorian (fálame) 16 de decembro de 2012 ás 12:19 (UTC)[responder]

Tempada 1949/50[editar a fonte]

Aínda que foi nesa tempada cando a categoría foi divida en dous grupos, o campión foi Racing de Santander, xa que houbo unha fase final cos dous primeiros clasificados de cada grupo onde ese equipo resultou gañador. En consecuencia, nos anuarios da RFEF só aparece o Racing como campión. É o mesmo caso que nalgunhas tempadas anteriores onde tamén había varios grupos pero o campión era o gañador da fase final. Entre as tempadas 50/51 e 67/68 sí que houbo dous campións que eran os gañadores de cadanseu grupo, os cales ascendían de forma directa, e así vén recollido nos anuarios da RFEF. -- Jorges65 (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 00:39 (UTC)[responder]