Conversa:Salamántiga rabilonga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Saramaganta»)

Untitled[editar a fonte]

Non sei que significa nin por que se visualiza ese "gl.saramaganta" ó final do texto. Pedro --Lameiro 16:12, 17 setembro 2007 (UTC)

  • Solucionado.--Rocastelo(fálame aquí) 16:24, 17 setembro 2007 (UTC)
  • Está non é a píntega común, esa é a salamandra salamandra. Esta é a Chioglossa lusitanica isto é a píntega rabilonga, salamántiga galega, pinchorra rabilonga ou saramaganta.--RNC 20:59, 2 decembro 2008 (UTC)

Nome errado da especie[editar a fonte]

"Saramaganta", que nin sequera está recollido no DRAG, non é apropriado como nome común para a especie. O vocábulo só é un sinónimo dialectal propio do sudoeste pontevedrés de "salamántiga" en xeral, non designando especificamente a "Chioglossa lusitanica", especie que non é distinguida na fala popular dos outros salamándridos, como se explica no artigo de Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 70. Real Academia Galega. Por iso é preferible unha denominación cun adxectivo especificador que desfaga a ambigüidade, como se fai no Atlas de Vertebrados de Galicia: "salamántiga galega" ou na propio artigo de Conde Teira: "salamántiga rabilonga".

Marcio (conversa) 19 de agosto de 2016 ás 10:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Salamántiga rabilonga. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de febreiro de 2019 ás 01:41 (UTC)[responder]