Conversa:San Xosé, Pontevedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nomenclátor[editar a fonte]

Esta parroquia ten o nome mal, no Nomenclátor non hai tal parroquia de Campolongo, os lugares que ten este artigo son da parroquia de San Xosé. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:59 (UTC)[responder]

No sitio web do Concello de Pontevedra recollen as 15 parroquias rurais, respecto ao nomenclátor de Galicia (18 parroquias) faltan: Pontevedra (San Bartolomeu e Santa María); San Xosé (San Xosé); A Virxe do Camiño (Virxe do Camiño). Se ninguén achega máis informacións que aclaren o tema non vai quedar outra que movela. Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de xaneiro de 2017 ás 13:16 (UTC)[responder]
No mapa das parroquias de IET da Xunta de Galicia só aparecen 17 parroquias, falta precisamente esta. O mesmo no visor de información xeográfica de Galicia (17). Un cordial saúdo. --Prevertgl 29 de xaneiro de 2017 ás 13:38 (UTC)[responder]
Prevert, eu no Nomenclátor só vexo 16 parroquias, que xunto a xeral da cidade de Pontevedra son 17 en total, polo tanto coinciden coas do mapa da Xunta... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2017 ás 00:34 (UTC)[responder]
Elisardojm, aquí aparecen 18. Un cordial saúdo. --Prevertgl 31 de xaneiro de 2017 ás 01:13 (UTC)[responder]
Tes razón, onde saen 17 é no Nomenclátor do IGE, a ver se noutro momento miro as diferenzas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2017 ás 01:55 (UTC)[responder]