Conversa:Síndrome respiratoria aguda severa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

O título principal deberia ser Pneumonía Asiática ou Síndroma respiratoria aguda severa? --Xosé (✉) 22:32, 14 novembro 2007 (UTC)

  • A Organización Mundial da Saúde, Ministerio de Sanidade, SERGAS, etc. (así como a bibliografía técnica) utiliza a denominación Síndrome Respiratoria Aguda Severa. Nótese que é "síndrome", non *síndroma (Volga dixit). O que non teño tan claro é se ese adxectivo "sever" se pode traducir ó galego como "severo" ou, como din moitos autores, "grave". Pedro --Lameiro (conversa) 22:45, 14 novembro 2007 (UTC)

Cambio no título[editar a fonte]

Propoño o cambio do título polo de "Síndrome Respiratoria Aguda Grave", eliminando o anglicismo "severa", tradución literal e errónea do "sever" inglés. En castelán recoméndase reservar o uso de "severo" para persoas adustas, ríxidas o rigorosas; e o de "grave" para determinadas enfermidades intensas, críticas (á parte doutros usos, claro). En galego non din atopado estes matices pero no DRAG queda claro que as únicas acepcións de "severo" son esas de rigoroso, ríxido, serio.

Non fago eu el cambio directamente porque a realidade é que a maioría dos textos utilizan esa forma mal traducida: severo (ou severa, nos textos galegos) e non sei se debe prima-la corrección ou o uso. Véxase a literatura técnica especializada ou nos organismos oficiais como a OMS, FAO, Ministerio de Sanidade, SERGAS, etc.

Pedro --Lameiro (conversa) 16:00, 9 abril 2008 (UTC)

A tradución máis correcta seguramente é "grave", pero tede en conta que a enfermidade se coñece polas siglas en inglés SARS (non se ve por aí SRAS ou SRAG), e pode parecer conveniente que apareza o S da sigla na inicial do nome, e de feito na maioría dos textos dise Severa.--Miguelferig (conversa) 18 de maio de 2013 ás 10:58 (UTC)