Conversa:Ribosoma

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Completando esta páxina[editar a fonte]

Esta páxina tiña un contido escaso para un orgánulo tan importante como o ribosoma e estaba marcada como un esbozo, polo que a completei con moitos máis apartados. No que estaba xa feito observo diversas imprecisións, como estas:

  • O codón AUG non é mudo, é dicir, ademais de funcionar como codón de iniciación, introduce o aminoácido metionina. Todas as proteínas se sintetizan empezando por metionina, aínda que despois poidan sufrir altercións posttranscricionais que eliminen a metionina. As das bacterias empezan por formil-metionina. Tal como está expresada a frase na páxina parece que é mudo, sobre todo se seguimos lendo e vemos o que pon máis adiante cando sae por segunda vez o codón AUG (parece que a 2ª vez si introduce Met e a 1ª non). Moitas destas imprecisións arrástranse da páxina en español, cuxo apartado "funcións" é confuso.
  • Que é iso de que "colle Ala (un aminoácido) e suxéitao"? O ribosoma non suxeita os aminoácidos ; estes veñen unidos aos ARNt. Máis que encaixar ou ensamblar o que se fai é crear enlaces químicos (enlaces peptídicos). Tal como están expresadas as cousas na páxina unha persoa non entendida pode pensar que son os codóns os que fan a síntese, cando estes só traen información para que sexa descodificada.
  • A frase "UAA é terminación. Deixa de encaixar a proteína" cres que está ben expresada? Non será mellor dicir que ao chegar ao codón de finalización UAA se detén (acaba) a síntese da proteína.
  • As unidades svedberg escríbense con S maíusculo (o s minúsculo significa segundo).
  • Arginina en galego sería arxinina.
  • Mg2 sería Mg2+. Hai un pequeno erro accidental en "protína" (proteína).
  • Creo que dicir que a forma habitual de atopar ribosomas en eucariotas é unidos ao RER é un tanto esaxerado, xa que os ribosomas citosólicos son comúns en eucariotas.
  • Dedicarlle tanto espazo ás correspondencias dos codóns é máis apropiado na páxina "código xenético" ou cando haxa que explicar con calma a tradución de proteínas creando a páxina "tradución de proteínas". Esta é a páxina "ribosoma" e algo hai que dicir da tradución, porque é a súa función, pero penso que non hai que estenderse moito cos codóns. De todos modos, isto último é cuestión de opinión. Penso que o problema vén dese capítulo na páxina en castelán, que non me parece un dos mellores logros da wikipedia en español.

Por todas estas razóns penso que debería considerarse rectificar todas estas cousas ou eliminar o apartado funcións, xa que hai outro apartado funcións máis abaixo, creo que sen imprecisións, e queda redundante. A páxina nova empeza despois da zona con moito espazo de separación. Compáraa para ver se se poden manter as dúas, se poden integrar ou hai que rectificar ou borrar algo. Espero contestación para tomarmos unha decisión. Miguelferig 16:04, 19 de xuño de 2011 (UTC)

Ninguén me contesta[editar a fonte]

Ninguén respondeu ás miñas observacións, de modo que intentarei eu rematar a páxina, integrando os parrágrafos anteriores no conxunto do texto e alterando ou borrando as cousas sobre as que fixen as observacións, e que creo que non están moi ben. Miguelferig 21:08, 23 de xuño de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 7 ligazóns externas en Ribosoma. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 13:00 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Ribosoma. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de setembro de 2019 ás 16:27 (UTC)[responder]