Conversa:Residuo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non comparto a idea de que residuo e lixo sexan sinónimos. Creo que lixo é unha parte dos residuos, pero que hai residuos que non podemos considerar lixo. Exemplo: os restos da poda, o esterco, os recortes e despoxos dun matadoiro, o bagazo da uva... son residuos, pero non lixo. Creo, máis ben, que os dous artigos mesturan conceptos, e iso sería o que cómpre deslindar. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 29 xullo 2008 (UTC)

lixo/residuo[editar a fonte]

Residuo é unha palabra mais xeral que lixo, e cun campo semántico mais amplo, ten aplicación en matemáticas e ninguén utilizaría lixo para os subprodutos dunha central nuclear, o único significado de lixo que non se pode aplicar a residuo e o de "cousa que lixa" como terra ou po nunha casa, que até que se introduce nunha bolsa do lixo non é un residuo. Aínda que en moitos casos se utilizan como sinónimos téndese a usar lixo para residuos sólidos (normalmente o que se chama residuos sólidos urbanos. Todo isto tampouco impide que se trate todo no mesmo artigo, con facer unha sección podería valer. --emilio juanatey(talk) 08:39, 30 xullo 2008 (UTC)