Conversa:Río de Xaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Conversa:Río de Janeiro")

Untitled[editar a fonte]

Se o topónimo galego é Río de Janeiro (en tal caso por que non Rio de Janeiro), como pronunciamos o nome? Non serío máis correcto Río de Xaneiro? O son J do portugués non o temos, e un i non é correcto....Nachonion (conversa) 27 de xullo de 2014 ás 01:12 (UTC)

Creo que este é o problema de non manter os j e g en galego, segundo a palabra pomos x (Acerbaixán, Xava, Xirona, Elxe, proxecto, cuxo...) ou i (soia, Iugoslavia...), e aquí por riba deixamos o j ; non ten sentido ningún...

A moitos tampouco nos gusta, e de feito isto de "Río de Janeiro" tamén para o meu parecer non ten ningún sentido (por que tranforman en "RAG" Río e non Janeiro?). Porén, é o que aparece no dicionario da RAG, fonte principal de cara os topónimos.--Adorian (conversa) 27 de xullo de 2014 ás 20:08 (UTC)

Cambio a Río de Xaneiro[editar a fonte]

A RAG recolle Río de Xaneiro na súa definición de carioca[1] e coido que hai que mover o artigo.--Breogan2008 (conversa) 16 de maio de 2018 ás 11:59 (UTC)

Penso que si, pero gustaríame saber a opinión doutros máis expertos ca min, que dicides Atobar e Norrin strange? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 17:44 (UTC)
Seica debeu cambiar a definición desde o 2014 por que a referencia que hai para Janeiro é do DRAG. Así que penso que si cómpre movelo a non ser que existan outras referencias para ese nome. --AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 17:49 (UTC)
Si, adiante (achegando a ref. que constanta Breogan2008). Ben vista. --Atobar (conversa comigo) 16 de maio de 2018 ás 18:21 (UTC)
Contro! se en febreiro do ano pasado o DRAG poñía Río de Janeiro para a mesma entrada...! Mirade a primeira referencia que hai no artigo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 20:09 (UTC)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carioca.