Conversa:Quen enganou a Roger Rabbit?

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Non debera eliminarse o signo de interrogación inicial? Piquito (conversa) 18 de setembro de 2013 ás 19:21 (UTC)[responder]

Eu tamén son partidario de facelo, o mesmo que con A que non sabes quen vén cear esta noite?, pero eses foron os títulos que recibiron na súa emisión en galego, e tal como se indica na Lista de filmes con versión en galego, reciben o nome "considerando os seus títulos galegos tal e como se impuxo cada un deles, independentemente de que sexan correctos segundo diferentes criterios ou variantes da lingua galega". Descoñezo se estes títulos se emitiron con posterioridade identificados sen o signo inicial. Se se dá o caso, poderíase cambiar o título polo "actualizado"?. --Breogan2008 (conversa) 18 de setembro de 2013 ás 21:25 (UTC)[responder]