Conversa:Presidente do Goberno de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Habería que poñer cores máis claros, cos de agora é difícil ler. --Norrin_strange (Talk) 19:18, 15 agosto 2007 (UTC)

Creo que é un erro gravisimo esquece-los presidentes da república, así coma parte das afirmacións que saen neste artigo, existiron presidentes de España na República, así coma meter no mesmo saco presidentes de goberno elixidos nas urnas e presidentes elixidos a dedo por un ditador ou monarca absolutista, ó meu entender este é un erro gravisimo arrastrado dende a wiki española, co fin de darlle 'lexitimidade histórica' á figura do Presidente do Goberno de España.--Xabier Cancela (fálame 19:15, 22 de maio de 2010 (UTC)

Teñan ou non lexitimidade os presidentes foron os que foron, incluidos os da república, por suposto.--Carronada 19:17, 22 de maio de 2010 (UTC) Este artigo fai referencia ó cargo coas características actuais do termo, anímote a que o amplies logo se queres, pero non so cos da república senón que habería que colocar as características do cargo de tódolos periodos. Un saudo.--Carronada 19:19, 22 de maio de 2010 (UTC)

O artigo é sobre os presidentes do goberno (primeiros ministros) non sobre os presidentes da república (xefes de Estado) son dous postos diferentes.--Kamakic 19:28, 22 de maio de 2010 (UTC)


--- O Presidente do Goberno é o Xefe do Goberno de España. A elección do presidente realízase no Congreso dos Deputados, mediante un proceso chamado Investidura, tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento.

As funcións do Presidente do Goberno están establecidas na Constitución Española nos artigos 97 ao 116. A residencia oficial e sé do Goberno é o Palacio da Moncloa en Madrid. ---

Daquela está afirmación é totalmente falsa, a non ser que só se fale neste artigo dos presidentes baixo a monarquía constitucional, pero daquela o título do artigo está mal, por que o título é xeral e ó meu entender fala de tódolos presidentes; entendo entón que o título está errado. Dicir que volvo a atopar erros - Nesta lista soamente se recollen os Presidentes do Goberno do período democrático. - dando a entender que só houbo un período democrático en España. Dicir que eu ando sempre pola sección de astronomía, e practicamente nunca uso a conversa noutros artigos nin edito noutras categorías, pero tanto a lista de presidentes do goberno coma a esta páxina, fáltalles bastante tacto... Eu coma mínimo retiraría esa frase e cambiaríalle o nome ó artigo, referíndome só o período da monarquía constitucional na que nos atopamos, por que o artigo da lugar a confusións. --Xabier Cancela (fálame 19:42, 22 de maio de 2010 (UTC)

Esqueciches que hai unha Lista de presidentes de España na que figuran todos eles. Está claro que o artigo é mellorable, e todos estamos desexando que alguén se anime a editalo e arranxalo como dios manda. As disertacións sobre o que hai que facer non adiantan nada. Xoacas(non te me poñas así) 20:26, 22 de maio de 2010 (UTC)

  • Precisamente, non esquecín esa lista, de feito aí esta o problema, cantos dos presidentes desa lista entra en "tras ser elixido polo Congreso, é nomeado polo Rei ante o cal toma xuramento". Coa definición que se da neste artigo, presidentes de Goberno en España so os houbo a partir de 1977. Daquela, para que unha lista tan longa? --Xabier Cancela (fálame 22:15, 22 de maio de 2010 (UTC)
  • As disertacións sobre o que hai que facer non adiantan nada!! Home, saber onde están os erros é o primeiro paso para podelos arranxar, pero agora terei eu a culpa de que este artigo amosa unha definición para tódolos tipos de presidentes de España, que en realidade só se axusta ós presidentes dentro da monarquía parlamentaria, ou terei eu a culpa da frase - Nesta lista soamente se recollen os Presidentes do Goberno do período democrático -, e dicir p. ex., Alejandro Lerroux non foi xefe do goberno escollido por un parlamento democrático na época da república. Pero coma teño a culpa, as miñas desculpas!!! --Xabier Cancela (fálame 22:15, 22 de maio de 2010 (UTC)
  • Eu creo que o nome do artigo está ben, o que hai que facer baixo a miña opinión é crear varias seccións no artigo, ampliandolo e mellorandoo. Quedando os datos actuais dentro da sección adicada ó periodo da transición e ó posterior.--Carronada 22:25, 22 de maio de 2010 (UTC)

Pois nada: botonciño de editar e horas de traballo, con iso todo se arranxa. Xoacas(non te me poñas así) 22:40, 22 de maio de 2010 (UTC)