Conversa:Ponte de Gundián

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nota sobre o pontismo no viaduto de Gundián[editar a fonte]

Nin pontismo nin salto con corda elástica son voces autorizadas en galego. Os practicantes galegos deste deporte de risco usan o termo castelán puénting, rexeitado, con toda a razón, pola Real Academia Española por ser un composto do castelán puente e o sufixo inglés -ing, recomendando puntismo (co sufixo -ismo, que se usa noutros deportes: alpinismo, atletismo, ciclismo, montañismo, sendeirismo, etc.); sta solución parece batante acaída para o galego, pero doutores ten a Igrexa. O de salto con corda elástica (demasiado longo, parece) vén de que este deporte se practica co suxeito atado a unha corda elástica. En catalán, o deporte chámase salt de pont; en francés, saut à l'elastique, e en italiano, salto con elástico. En portugués aínda non inventaron un termo, e denomínano directamente en inglés, bungee jumping. --XoioÉche o que hai 1 de maio de 2015 ás 22:08 (UTC)[responder]

É certo que pontismo non é unha voz autorizada pola Real Academia Galega, pero si é un termo utilizado en obras de referencia en galego, en concreto no vocabulario de deportes editado polo Servizo de Normalización da UDC en 2006 dentro da colección profesionaliza a túa lingua, da autoría de Salvador Pérez Froiz [1] e do que non hai dúbida é que puénting é un claro castelanismo que hai que substituír nos artigos da Galipedia sexa co termo orixinal inglés, sexa con pontismo ou outra forma que apareza nalgunha outra obra de referencia en galego.--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2015 ás 17:02 (UTC)[responder]
Eliminei o do puénting, parece que son individuos os que realizan esa actividade na ponte, non é unha empresa ou monitores autorizados, tal como estaba redactado semellaba que se animaba a realizar esa actividade alí, e se algunha vez pasa algo, deus non queira, e a alguén se lle ocurre dicir que o accidentado fora alí por velo na Galipedia...--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2015 ás 17:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ponte de Gundián. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de setembro de 2018 ás 11:17 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Ponte de Gundián. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de marzo de 2019 ás 09:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Ponte de Gundián. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de febreiro de 2020 ás 23:05 (UTC)[responder]