Conversa:Pimpín

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escribentas de Darwin[editar a fonte]

Non sei que referencias ten o de "escribentas de Darwin". Historicamente se lles chamou finches desde os tempos de Darwin e foron popularizados así nos anos 40. Finches en inglés significa pimpíns, da familia dos frinxílidos (polo menos os true finches). Aínda que despois se clasificasen noutras familias non deixaron de chamarlles finches (pimpíns). Despois clasificáronse como escribentas (emberícidos, buntings), pero hoxe non está claro tampouco que sexan emberícidos e proponse clasificalos como tráupidos. Os estudos xenéticos están causando unha profunda revisión nesas familias. Pero iso non significa que lle cambiemos o nome cada vez que os cambien de familia, porque son coñecidos así. Se aínda me presentan referencias dese uso en galego pois calo a boca, pero se non eu borraría a paréntese onde vén o de escribentas de Darwin. Hai cousas que quedan así aínda que estean mal: as halobacteriáceas foron pasadas ao reino arqueas, polo que se deberían chamar haloarqueas, pero non lle cambiaron o nome porque era un nome establecido (aínda que aquí xogan as regras de nomenclatura), ou os "colmillos" (caninos, cairos) ou "defensas" dos elefantes son dentes incisivos, pero hai que andar aclarándoo porque son coñecidos así.--Miguelferig (conversa) 11 de xuño de 2016 ás 17:26 (UTC)[responder]