Conversa:Pelecaniformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nome[editar a fonte]

O nome da páxina está mal. É evidente que está a tratar da orde dos Pelecaniformes e ese debería ser o título. Nesta orde non só están os pelicanos senón tamén os corvos mariños, mascatos, fragatas, etc. (na clasificación tradicional desta orde) Se a páxina tratara do xénero Pelecanus estaría ben o título, e a familia Pelecanidae creo que só ten un xénero, Pelecanus, polo que se poderían titular pelicanos e tratar o xénero e a familia nun mesmo artigo chamado pelicano. Pero aquí estamos a falar da orde Pelecaniformes.-Miguelferig (conversa) 1 de setembro de 2013 ás 20:04 (UTC)

Mudeille o nome finalmente a pelecaniformes.--Miguelferig (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 15:15 (UTC)
Hai moito máis que falar sobre a taxonomía da orde Pelecaniformes do que se di no último capítulo, xa que houbo moito movemento, separando varias familias tradicionalmente incluídas nela en ordes novas distintas e incluíndo outras aves en Pelecaniformes. Creei a páxina "Pelicano", que trata do xénero (e familia), polo que a redireción de pelicanos a pelecaniformes debería mudarse ou eliminarse. O lóxico é que agora o antigo "pelicanos" redirixa á nova "pelicano".--Miguelferig (conversa) 5 de outubro de 2013 ás 11:08 (UTC)--Miguelferig (conversa) 5 de outubro de 2013 ás 11:08 (UTC)
Finalmente cambiei a dirección da existente Pelicanos a Pelicano.--Miguelferig (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 17:14 (UTC)