Conversa:Osetia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Ossetia»)

Cambio de Osetia a Ossetia[editar a fonte]

Breogan2008, non estou moi seguro de que este cambio fose axeitado. Hai referencias a Osetia na Diciopedia, no documento da UDC, e no da UVigo, podes velo en Lista de exónimos en galego. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 14:11 (UTC)[responder]

Xa pero manter a forma Osetia non é coherente coa referencia que o DIGALEGO achega para a lingua e o pobo ossetios. O que sinalan os documentos da UDC, da Uvigo e a Diciopedia moitas veces non concordan coa RAG nin entre eles, hai unha morea de exemplos na lista de exónimos. Fixen o cambio sinalando que tamén está recollida a forma Osetia á espera dunha referencia definitiva da RAG. Ocorre o mesmo coa República de Abkhazia, hai polo menos tres formas referenciadas, pero está claro que non podemos empregar as tres e mesturalas.--Breogan2008 (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 14:19 (UTC)[responder]
Non claro, non se van facer tres artigos, pero tal e como está agora non é coherente con tres referencias. Está claro que mentres a RAG non diga nada temos que guiarnos polas outras fontes, e se non hai coincidencia teremos que decidir cales son máis fiables e basearnos nelas. Non sei se o cambio é correcto ou non, só apunto que teño as miñas dúbidas. Deberían opinar máis usuarios sobre este cambio, polo menos voullo comentar a Norrin que está máis posto neste tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 17:06 (UTC)[responder]
Eu o de Ossetia con s dobre non o vexo por ningún lado. Primeiramente, dende o procedimento wiki habitual, cómpre respectar o criterio do primeiro editor xa que hai fontes fiables para Osetia, como sinala Elisardo. Por outra banda, dende un punto lingüístico, o topónimo chéganos do ruso, onde é "Осетия", cun único "s". A realidade é que tanto o francés como o inglés adoitan duplicar a "s" ao transliterar do ruso, mais non é o criterio habitual nin en galego nin castelán. Finalmente, tamén en xeorxiano é "ოსეთი", que se translitera "Oseti" (WP:TRL). Penso que a páxina debería ser movida novamente a "Osetia". Se isto é incoherente co digalego, qué lle imos facer, culpa da RAG que non se mete en serio con topónimos e xentilicios (e medo me da cando o faga). --Norrin (Fálame) 23 de novembro de 2017 ás 17:35 (UTC)[responder]
A maiores do que di Norrin, acabo de atopar que tamén aparece como Osetia no Gran Dicionario Xerais da Lingua (voz oseto) e no Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega. Polo tanto non hai máis remedio que desfacer os cambios Breogan2008, no artigo pode deixarse unha nota que indique que nalgunhas fontes aparece como Ossetia, coa referencia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 17:57 (UTC)[responder]
Vale Norrin e Elisardojm, entendo logo que os artigos sobre a lingua e o pobo quedarían como lingua oseta e pobo oseto? Podedes engadir esa referencia neses artigos? Como xa expliquei antes o cambio fundamental debíase a que había unha falta de coherencia nos títulos de tódolos artigos relacionados con Osetia e o DIGalego era a única referencia que coñecía que identificaba a rexión, a lingua e o pobo. Pero bueno, se estamos todos de acordo coa forma Osetia, adiante co cambio logo.--Breogan2008 (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 08:14 (UTC)[responder]
Si Breogan2008, é Osetia e oseto, xa están engadidas as refs. ós artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 08:28 (UTC)[responder]
Xa revertín tódolos cambios, o único co que preciso axuda é Conflito de Ossetia do Sur de 2008 que non poido mover. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 10:01 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Grazas polo traballo Breogan2008. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 11:52 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Osetia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de agosto de 2019 ás 00:22 (UTC)[responder]