Conversa:Óscar ó mellor filme

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Oscar ó mellor filme»)

Sobre os nomes das películas[editar a fonte]

Non sería conveniente traducir os títulos das películas, polo menos ó castelán (que é a lingua na que probablemente se teñan visto todas estas películas no noso territorio), para que sexan recoñecibles?? Con esto queremos dicir, que o mellor, sería que os títulos que apareceran neste artigo son os que se usaron na comercialización de ditas películas en Galicia/ España. Se estades de acordo, nós poderíamolo facer como parte da nosa contribución á Galipedia. Alternativa407, 9 de marzo, 2007.

Eu penso que utilizar o nome orixinal é un erro, nalgúns casos inevitable, pero tampouco tería sentido traducilos ao castelán, que nin é a lingua do título orixinal nin é a lingua de Galipedia. Moitas destas películas foron emitidas na Tvg, o que implica que o título sería traducido e podería usarse (a cuestión é sabelo). O modus operandi que utilizan nestes casos é traducir os títulos que á súa vez se traduciron ao castelán e manter os demáis. O que sí sería interesante é incluir polo menos aos directores.--88.13.109.154 20:46, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Outra cousa que se debería explicar é que The Hurt Locker foi a gañadora da edición de 2010, que se corresponde cas películas do 2009 (aínda que curiosamente esta é do 2008). O que quero dicir é que The Hurt Locker gañou o Óscar á mellor película do 2009 (aínda sendo de 2008) pero ese Óscar e o correspondente á edición de 2010. Se ollades a web IMDB.com (referencia obrigada case diría) refírese a The Hurt Locker como a gañadora do Óscar 2010.--88.13.109.154 21:00, 5 de febreiro de 2011 (UTC)