Conversa:O reino medieval de Galicia na historiografía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sintacticamente non sería mellor "O reino de Galicia e..." en vez de "Reino de Galicia e..."?--Miguelferig (conversa) 5 de xullo de 2020 ás 12:34 (UTC)[responder]

Penso que si. Recuperei o artigo e levaba ese nome. Vouno mudar. Cossue (conversa) 5 de xullo de 2020 ás 20:22 (UTC)[responder]

Outros títulos posibles poderían ser "Reino de Galicia na historiografía tradicional española", "O Reino de Galicia na historiografía tradicional española", "Reino de Galicia segundo a historiografía tradicional española", "O Reino de Galicia segundo a historiografía tradicional española" ... (en lugar de "segundo" tamén podería ser "conforme", "consoante" ou "consonte"). Non si?
Quizais deberiamos facer as correspondentes redireccións. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2020 ás 11:21 (UTC)[responder]
Parecenme todos axeitados. Algunha preferencia? Cossue (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 16:26 (UTC)[responder]
Eu algunha preferencia teño, pero como tamén me valen as outras formas, paréceme máis axeitado deixar que escolla a persoa que leva o peso de facer o artigo. Fago as redireccións. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2020 ás 20:51 (UTC)[responder]


Sobre o "Instituto Arnamagnaeanisches" de Reykjavik[editar a fonte]

Na sección de cartografía aparece un mapa islandés do 1250 do Instituto Arnamagnaeanisches de Reykjavik. Quería aclarar que Arnamagnaeanisches está escrito en alemán, e refírese ao Instituto Árni Magnússon para os Estudos Islandeses. O mapa pertence a un manuscrito islandés sobre filosofía do século XIII e pódese ver aquí: https://handrit.is/en/manuscript/imaging/is/GKS04-1812#page/5v++(12+of+77)/mode/2up —o anterior comentario sen asinar foi feito por 176.86.122.121 (conversacontribucións) 18 de outubro de 2021 ás 23:44

Moitas grazas pola información. Corrixin o texto. Orixinalmente a fonte debeu ser a publicación alemá citada na páxina do mapa. One2 (conversa) 20 de outubro de 2021 ás 21:07 (UTC)[responder]
De nada, saúdos! 176.86.122.121 21 de outubro de 2021 ás 13:04 (UTC)[responder]