Conversa:Notario, notaria

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Notario»)

Untitled[editar a fonte]

Isto fai que sexa o Tabelion o antecesor directo da figura comun hoxe na Galiza. Cal é a referencia desta frase que aparece no artigo?Acerto 16:32, 15 xuño 2007 (UTC)

No Imperio romano os tabelliones tan só exercían nas grandes cidades do Imperio, probablemente en Galicia non houbera ningún (aínda que non teño ese dato) polo que dificilmente puido pasar esta palabra ao galego como palabra patrimonial, existe nas linguas romances para designar estes tabelliones do imperio romano, tampouco existe no portugués de Portugal pero no Brasil (supoño de por diferencialismo) deuselle legalmente este nome aos notarios. Os tabelliones foron os precursores dos notarios dos países que adoptaron o dereito romano pero tal como esta redactado no artigo pode dar idea que existiron Tabelións na Gallaecia cando é a súa función a que pasou ao dereito romano como a do notario actual.Acerto 16:46, 15 xuño 2007 (UTC)

tabelion/notario[editar a fonte]

Tabelion é un sinónimo de notario en varias linguas, por exemplo:

DRAE:

tabelión.
(Del lat. tabelĭo, -ōnis).
1. m. ant. Hombre que por oficio público estaba autorizado para dar fe de las escrituras y demás actos :que pasaban ante él.

en galiza é moi utilizado en textos especializados, principalmente no termo "texto tabeliónico" ou "prosa tabeliónica"

Está recoñecido no VOLGa: http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp

É evidente polo texto que das 4 figuras romanas só a do tabelio se corresponde co notario actual, que rexista as actividades entre partes, as outras 3 reférense a postos que hoxe pertencen aos funcionarios de xustiza ou da administración do estado.

Isto non obsta para que notario sexa a palabra mais común, pero isto non significa que teña que ser necesariamente o título do artigo. Tabelión é igual de válida e ademais é unha palabra que co seu pasoa o rexisto culto en castellano tamén arrastou o seu uso no galego, co que paga apena darlle un pulo. Emilio juanatey 17:07, 15 xuño 2007 (UTC)

  • Ninguén nega que a palabra exista, pero fíxate na definición do DRAE está en pasado o que quere dicir que se refire a unha figura ou cargo histórico non a un oficio actual. Se miras no Volga nin en notario nin en tabelión aparecen sinónimos xa que se as súas definicións son distintas, o notario actual non é un tabelión.

No dereito romano o notario exerce as funcións dun tabellion romano e non a dun notarii romano pero o nome común en todas as linguas romances deriva de notarii, o portugués de Brasil é unha excepción xa que legalmente se lle deu o nome de Tabeliâo creo que no século XIX (por certo non é algo raro do dereito brasileiro esa mirada o clasicismo romano nas formas) e de alí pasou á lingua común pero non no portugués de Portugal.

Resumindo tabelión é unha palabra que aparece nos dicionarios das linguas romances pero para facer referencia a un oficio histórico do Imperio romano do que derivan os notarios actuais e por suposto existen palabras derivadas utilizadas en rexistro cultos como tabeliónica....Acerto 17:23, 15 xuño 2007 (UTC)

Penso que o tema é mais complexo do que os dous pensábamos nun principio:

Polo que lin en diversos estudos publicados por asociacións de notarios e xuristas a historia é algo asi (na biblioteca da faculdade de direito está a bibliografia, ainda non tiven tempo de ir):

coa queda do imperio romano a maioria das figuras referidas no artigo van esmorecendo e só queda o tabelion que converxe cos tabularii, ainda que con pouca presenza, até o renacimento da figura no século XII co avanzo da economia e o direito A primeira codificación do asunto é nas Partidas de Afonso X onde o único nome que se aplica é o de escrivano. a seguinte reforma será a “Pragmática de Alcalá” do 7 de xuño de 1503. Non se produciu ningún cambio lexislativo importante ata o 28 de maio de 1862 coa aprobación da Lei orgánica do notariado.

O uso da palabra notario aplicabase fundamentalmente aos notarios da igrexa que evidentemente eran moito mais comuns que os outros

Polo tanto tes razón o tabelión non é un sinónimo exacto do notario actual, pero tampouco se refere só aos romanos, o seu uso é comun na Idade Media (como sinónimo de escrivano, dai que se use asi en textos filolóxicos, por exemplo neste estudo de ramón lorenzo sobre o uso de galego en textos notariais: Lingua galega: historia e actualidade Agora que facemos? 2 artigos, un de historia do notariado, un de notario e outro de tabelión para as figuras antigas?

Un saúdo

Emilio juanatey 11:00, 16 xuño 2007 (UTC)

  • É o que teñen as boas discusións, acabamos sabendo máis que cando empezamos, sería bo ter un artigo sobre o tabelión, non sabía que tamén se seguira utilizando na Idade Media, se podes facer ese artigo creo que sería como mel nas filloas.Acerto 13:51, 16 xuño 2007 (UTC)

Conclusións[editar a fonte]

si que deu a discusión, nunca pensara que algo tan aburrido como as notarías daria para tanto, pero despois dos erros que cometin no primeiro artigo vamos ser escrupulosos:

o artigo notario reserva-se para a figura actual, no direito español e noutros países

tabelión será o romano e como sinónimo do medieval escribano ou escrivão

escribán (é a forma oficial) vai con artigo propio o metemo-lo nun dos outros? Tecnicamente vale nos dous, porque é o antecedente legal do primeiro sen solución de continuidade e durante parte da idade media foi sinónimo do segundo

Emilio juanatey 14:47, 16 xuño 2007 (UTC)

En relación a escribán tamén se podería meter nunha páxina de homónimos xa que existía ademais o escribán do xulgado que é o antecendente do secretario xudicial pero se cres que non precisa de artigo propio por min adiante. Polo demais estou de acordo coas túas conclusións.--Acerto 15:05, 16 xuño 2007 (UTC)

novo artigo[editar a fonte]

Comecei os artigos tabelión e escribán segundo o falado na discusión, ainda non consultei a bibliografia, fica pendente a ampliacións

¿Que significa?[editar a fonte]

"O notario é un axente con delegación do poder público que labra e fai as averbacións nos seus libros de notas". ¿Que siginifca labrar e averbación? Pedro --Lameiro (conversa) 15:14, 10 novembro 2009 (UTC)

Semellan lusismos, en portugués lavrar é poñer por escrito, e averbação forma parte do léxico portugués do Rexistro Público, é facer anotacións nos libros de rexistros.--RNC 15:32, 10 novembro 2009 (UTC)