Conversa:Noite de san Xoán

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Noite de San Xoán»)

Untitled[editar a fonte]

Creo que aquí temos un problema de título que cómpre revisar:

  • A entrada "Xoán" leva a un emperador romano e non indica ningún outro xoán (a modo de Para máis información ver...).
  • A entrada "San Xoán" sería confusa e non existe como santo, naturalmente. As normas de título prohíbeno. Non temos aínda "Xoán o Evanxelista". Sí existe Marcos o Evanxelista e non temos, ou non atopo, Lucas nin Mateo.
  • Hai un "San Xoán (homónimos)" que nos leva a "multitude de topónimos", que logo resultan ser só dous (a capital de Porto Rico e unha illas estadounidense) "e feitos", que remite ás "Fogueiras de San Xoán".
    • Hai en Galicia cantidade de lugares e parroquias co nome de San Xoán (non advocacións, senón nome) e mesmo un concello: San Xoán de Río, que haberá que incluír nesa "multitude" de topónimos. E seguro que incontables fóra de Galicia.
  • Hai un "San Xoán" que redirecciona a "Fogueiras de San Xoán". Creo que o título máis correcto sería "Noite de San Xoán" xa que as fogueiras é só unha parte desta noite máxica.
  • Estas "Fogueiras de San Xoán" -ou mellor "Noite de San Xoán"-, se seguímo-lo criterio acabado de nacer de "galeguizar" e "desgaleguizar" debería ser xenérico e incluír unha sección -ou un artigo propio, que ben o merece- como "Noite de San Xoán en Galicia".
    • A maiores, na sección "cultura popular" deste artigo, hai refráns que se refiren ó mes de xuño, tamén denominado San Xoán, e que nada teñen que ver coa Noite nin coas Fogueiras.

¿Quen se atreve a esbozar un esquema para reclasificar toda esta información? Pedro --Lameiro (conversa) 15:03, 8 xuño 2008 (UTC)

E que tal algo así? Hai un ano organicei unha exposición con este esquema, e teño toda a información lista. En principio podería montar este artigo asi como digo esta mesma tarde. A min gústame, creo que podería valer. Despois, engádese máis información e `punto, non? O esquema sería este:

  • Intro
  • Orixe
  • As fogueiras
  • Refráns
  • As lendas
  • As herbas de San Xoán
  • As bromas
  • Referencias
  • Ver tamén
  • Enlaces externos

Shotokan 16:06, 8 xuño 2008 (UTC)


Moito corres, colega. O esquema que propós valería perfectamente para un artigo "Noite de San Xoán" ou manténdoo como "Fogueiras de San Xoán". Eu cambiaría a orde de refráns e lendas, pero iso é outro debate posterior, se procede. O que buscaba co meu comentario era unha proposta previa: organizar tanto Xoán como temos (santos ou non, topónimos, meses e noites máxicas). É dicir, buscar unha entrada que nos sirva de páxina de homónimos e que nos leve logo ó asunto particular que nos interese (un deses asuntos ten que ser, evidentemente, a noite máxica). Supoño que sería do tipo "Xoán (homónimos)" pero non o teño claro, e de aí a pregunta. Temos que seguir pensándoo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:20, 8 xuño 2008 (UTC)

PErdoa, entendera (mal) que te refería a reorganizar ese artigo en concreto. Perdón polo erro. Shotokan 20:36, 8 xuño 2008 (UTC)

  • Non ho!. ´Non hai nada que perdoar. Pedro --Lameiro (conversa) 21:01, 8 xuño 2008 (UTC)

Noite de san Xoán[editar a fonte]

Seguindo as recomendacións ortográficas, san escribiríase en minúscula (véxase no DRAG os exemplos de fogueira, san e san Xoán —este último significando 'xullo'). --Isili0n (conversa) 22 de outubro de 2016 ás 14:46 (UTC)[responder]