Conversa:Nicolas Léonard Sadi Carnot

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • ¿Que razón ten ese paréntese "(físico)" no título? ¿Hai algún outro Sadi Carnot co que se poida confundir)?
  • ¿Que significa gonce na frase "nunha época gonce para a ciencia moderna"?
  • Pedro --Lameiro (conversa) 19:48, 17 xaneiro 2008 (UTC)
Si, houbo un Sadi Carnot que foi presidente da República Francesa. Eu fíxenme a mesma pregunta onte. O de gonce... supoño que é gonzo, a chapa de metal que se sitúa entre a folla da porta e o marco e que permite a súa apertura... pero non sei. --Xabier Cid 20:04, 17 xaneiro 2008 (UTC)
Entón habería que crear unha páxina de homónimos (como na wiki francesa) que leve ós dous artigos, que estarían encabezados polo nome completo, non por "físico" e "presidente", como fan -erroneamente ó meu xuízo- os franceses. Pedro --Lameiro (conversa) 20:12, 17 xaneiro 2008 (UTC)
Concordo plenamente. --Xabier Cid 20:18, 17 xaneiro 2008 (UTC)