Conversa:Monterrei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Hola !. Non entendo nada ben como se pode indicar o xentilicio montederreguense para Monterrei. Onde está o -de- no topónimo (versus Montederramo, p.ex. )?, e o -u- de -rreguense de onde sae ?, Acaso a parte -rrei ven de rex, reguis (aínda que se lera así en latín clásico) ? ou de rex, regis ? - deberemos corrixir para reguedor por rexedor, etc ? - De facerse un xentilicio culto sería desde *regensis e de aí *monterrexense, pero montederreguense parece remontar a *Montederrego. Coido que sería mellor que se suprimise. N. B.: para o Monterrey de México seica se usa regiomontano. 28/01/2017, Montes

Na Ortografía da lingua galega (2004) de Begoña González Rei aparece montederrense como xentilicio de Monterrei. Descoñezo que fontes hai para pór no artigo monterreiés e montederreguense. De referencias non haberen, debería mudarse.--Isili0n (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 12:43 (UTC)
Acabo de decatarme que para monterreiés si que hai referencia, só falta para montederreguense.--Isili0n (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 13:09 (UTC)