Conversa:Memorias dun neno labrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Postos a ser purista coas citas, na miña edición (5ª ed., Ed. do Castro 1972) a cita exacta é: "Eu son Balbino. Un rapaz de aldeia. Coma quen dis, un ninguén. E ademáis, probe". Non me atrevo a corrixi-la cita do artigo porque habería que confirmala nunha primeira edición. Pedro --Lameiro (conversa) 19:06, 24 febreiro 2010 (UTC)


Traduccións ó castelán[editar a fonte]

En internet pódense topar edicións en castelán [1] estaría ben informarse para colocala no apartado de traduccións.--Carronada 19:37, 24 febreiro 2010 (UTC)

O libro máis lido[editar a fonte]

Cómpre referencia de que aínda é o máis lido. Desde logo, desde o meu punto de vista, xa só pola lingua empregada tan boa, merece ser o máis lido ou dos máis lidos. Teño a dúbida de que o siga sendo, facía falla unha referencia actual de que aínda segue sendo así. --Xoán Carlos Fraga 13:26, 24 marzo 2010 (UTC)

  • É imposible saber se un libro é máis lido ca outro (ventas editorias + bibliotecas + prestar ós amigos ou familiares...), en todo caso poderase averiguar se é o libro con máis exemplares vendidos. --Alberte Si, dígame? 16:22, 24 marzo 2010 (UTC)
  • Pois si, no artigo haberá que poñer o libro máis editado e non o máis lido, aínda que acostuman coincidir. En culturagalega.org din isto (o artigo é do 23/10/2002): Por encima de todos está a situarse como fenómeno destacado “O lapis do carpinteiro”, que xa leva vendidos máis de sesenta mil exemplares desde a súa publicación no ano 1998, dos que 5000 vendéronse no último ano. Onda el atópanse títulos xa históricos coma “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas que xa viu máis de vinte edicións nos últimos trinta anos e que tira de cada volta uns catro mil exemplares. Tamén resistindo desde a súa publicación mantéñense as vendas de “Galván de Saor” de Darío Xohán Cabana, con máis de 40.000 exemplares ou de “Crime en Compostela” de Carlos Reigosa, que supera os 35.000. Valores seguros son tamén os clásicos de Rosalía, “Follas Novas” e “Cantares Gallegos”, así coma as obras de Castelao, Cunqueiro ou Blanco Amor, que venden varios milleiros de exemplares ó ano nas súas diversas edicións. [2] Multiplicando 4000 x 20 = 80000 exemplares, polo que pode ser que aínda sexa o máis editado, mais O lapis do carpinteiro débelle andar moi cerca. Penso que tamén algún libro do A. Fdez. Paz, como As flores radiactivas ou outros, foron moi lidos nas escolas e deben estar na lista. Era ben termos unha lista dos libros máis editados, por curiosidade. --Xoán Carlos Fraga 17:52, 24 marzo 2010 (UTC)