Conversa:Membrana

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Fixen unha pequena modificación en membrana plasmática (que é a que rodea toda a célula) para distinguila das membranas dos orgánulos, porque aínda que son todas similares grosso modo en estrutura, o termo "plasmática" fai referencia á membrana externa. Isto tamén o modifiquei na páxina "membrana plasmática" (que non é da miña autoría), porque alí tampouco estaba clara a distinción. A páxina membrana plasmática require aínda moito traballo, pero estes días non teño moito tempo.--Miguelferig (conversa) 18:25, 2 de outubro de 2012 (UTC)