Conversa:Mazarico rabipinto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Mazarico rubio»)

Esta ave (Limosa lapponica) está incluída na Lista de aves de Galicia como mazarico rubio. Tamén o está o mazarico rabinegro (Limosa limosa). En castelán o seu nome é "aguja colipinta". O nome que se usou aquí é unha tradución literal do castelán e debería mudarse por mazarico rubio.--Miguelferig (conversa) 4 de xaneiro de 2016 ás 18:28 (UTC)[responder]

Miguelferig, eu penso que o mellor sería pór como nome principal do artigo mazarico rabipinto, con maior número de referencias (Guía das aves de Galicia e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, amais de que é a forma que aconsella o bUSCatermos), conservando o de mazarico rubio despois deste (coa súa referencia de Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada).--Isili0n (conversa) 17 de decembro de 2016 ás 14:55 (UTC)[responder]

Si, estou de acordo, porque hai que aterse ás referencias. Polas características do animal ten tamén sentido mazarico rubio, porque ten toda a parte ventral rubia na plumaxe de verán, tanto o peito coma a barriga (no mazarico rabinegro só é rubio o peito). Despois diferéncianse na cola, que ten unha banda negra ancha no rabinegro e ten raias finas brancas e negras no rabipinto. O nome que anteriormente tiña esta páxina era agulla colipinta e despois cambiouse a mazarico rubio, que era o nome que se estaba usando na Galipedia na lista de aves de Galicia. Non obstante, como dixen, se hai máis referencias para rabipinto, non teño inconveniente en que se cambiase, pero o que pasa é que rabipinto é unha redirección e non sei como se fai neses casos o cambio de nome.--Miguelferig (conversa) 17 de decembro de 2016 ás 18:42 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Mazarico rabipinto. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2018 ás 12:01 (UTC)[responder]