Conversa:María de la O Lejárraga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:María Lejárraga»)

Autoridades[editar a fonte]

Boas, segundo VIAF a autoridade máis usada para esta escritora é Martínez Sierra, María. Propoño que se mova e se deixe este título para a redirección. En todo caso, a nivel xerárquico tamén a BNE usa María Martínez Sierra: http://datos.bne.es/persona/XX1082175.html. Habería que cambiar o texto da introdución en consecuencia. Saúdos Maria zaos (conversa) 24 de abril de 2019 ás 16:36 (UTC)[responder]

Maria zaos, dubido, nas outras Wikipedias está como María de la O Lejárraga, na prensa aparece con ese nome... Creo que é posíbel que se estea producindo un cambio na forma de ser coñecida consonte ao recoñecemento da súa importancia. Lles (conversa) 24 de abril de 2019 ás 18:04 (UTC)[responder]

Ola Lles xa mirei as outras Wikipedias tamén, pero hai que ter en conta que nas traducións ás veces hai que adaptar o título (homónimos que existen nunha lingua e non outra, nomes comúns de seres vivos,etc.)

Pero entendo a dúbida, por iso escribín aquí.. Para min as fontes de autoridades van por riba das Wikipedias por lóxica de xerarquía de fontes. Exemplo:Eu non podo quitarlle o apelido do marido a moitas mulleres en Wikipedia e poñer o de nacemento, por exemplo, porque esas fontes están de momento así a nivel supranacional en organismos con autoridade en creación de autoridades. A batalla habería que facela alí, non na Wikipedia. Pero esta é a miña visión. (Xa se chegará ) Se miras a política de Galipedia para titulos indica "nome polo que é máis coñecida", que é bastante vago. Seguindo isto só eu diría nin para aquí nin para alá, María Lejárraga e punto. Pero engaden o exemplo de Pelé, cuxa entrada entra por Pelé e non polo nome que naceu, ou sexa, a política indica uso de pseudónimo como título en Galipedia. O que fagan o resto das Wikipedias non conta, é o que se aprobou aquí como política o que se aplica. Como o ves? María Lejarraga ou pseudónimo (que ademáis concorda cos termos de autoridades de persoas)? Podemos consultalo con alguén máis...En Wikidata (non sendo polo cadriño biografía) dá un pouco igual, o que importa é o número Q. O que si é que hai que tomar unha decisión para poder facer as redireccións pertinentes en Galipedia. Eu digo de consultalo ou levalo á Taberna xa que a redacción da política de títulos é vaga e deixa baleiros coma neste caso. Como vexas. saúdos .-Maria zaos (conversa)

Maria zaos, levas razón en que "de la O" non está presente: [1], [2], [3]. Cámbioo a María Lejárraga. Un saúdo. Lles (conversa) 25 de abril de 2019 ás 05:55 (UTC)[responder]

En ordenar, non se pon a acentuación? Lles (conversa) 25 de abril de 2019 ás 06:19 (UTC)[responder]

Non. Non se pon. --. HombreDHojalata.conversa 25 de abril de 2019 ás 08:05 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en María Lejárraga. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de febreiro de 2020 ás 07:30 (UTC)[responder]