Conversa:Manuela Sáenz

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Manuela Sáenz. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 08:09 (UTC)[responder]

Referencias duplicadas que non avalan o texto[editar a fonte]

Boas @Breogan2008:. Acabas de introducir unha referencia (duplicándoa, por certo, xa que é igual que a nota 4) que non apoia o texto ao que acompaña. Se abres e les a fonte, verás que este historiador está bastante lonxe de considerala unha figura importante e moito menos feminista. Segundo o que acabas de facer, este detractor da figura serviría de apoio á seguinte frase

"Criticada, denigrada e ignorada e desterrada polos seus contemporáneos e aínda décadas despois da súa morte, só a mediados do século XX Manuela Sáenz empezou a ser nomeada como unha grande heroína e prócer na xesta da independencia ou como precursora do feminismo en América Latina

. Non hai ningunha relación. É mentira que esta fonte diga isto, polo que se falta á veracidade, WP:V. Por outra banda, retirar contido como fixeches acó por causa dunha ligazón rota, sen achegar solucións, e cando xa facía uso do modelo [subst: Cómpre referencia non me parece unha forma correcta de proceder. Por favor, parate un pouqiño a seguinte vez. Grazas.

Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 08:58 (UTC)[responder]

Boas Maria zaos, tirei a referencia de es.wiki xa que foi de alí de onde orixinalmente traducín o texto e non me decatei do que comentas. Recoñezo o erro e perdoa se te molestei. A miña intención non era esa.--Breogan2008 (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 09:15 (UTC)[responder]
Si,Breogan2008 certamente tiña ese fallo na es.wiki, non me decatara. Entrei aló, pero non tiña arquivada a url e non me parei máis eu tampouco. Este tema de verificación de fontes en traducións pasa, e seguro que eu tampouco estou libre de que me pasase algo semellante algunha vez. Non me molestou, pero revertín a edición para manter a ligazón morta co marcado do texto pendente de verificación. Incorporei a barra portal feminismo que puxeras e arranxei a estética da cita coa ligazón morta. Se esquecín algunha outra cousa, por favor, dimo ou inclúea sen máis. Estaría ben ampliar o artigo, xa que agora é máis longo na es.wiki, pero neste momento estou a outra cousa, apúntomo para a lista de Wikimulleres, pero se te animas a amplialo ti, estupendo. Saúdos Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 09:51 (UTC)[responder]