Saltar ao contido

Conversa:Mandaio, Oza-Cesuras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Último comentario: MAGHOI hai 3 anos no fío «Topónimo Mandaio»

Topónimo Mandaio

[editar a fonte]

A explicación deste topónimo en relación con "monte" é inverosímil. A fonte utilizada ocorre noutras entradas, p. ex. para Crendes (Abegondo), neste caso leva a relacionar con "crente"... Excuso explicar que -nt- non pasa a -nd- en galego. Creo que hai mais cousas deste estilo para outros topónimos desta fonte. Son acientíficas, levadas polo sonsonete, e, particularmente, dáme o mesmo que se extraían dunha tese doutoral. Son un retroceso na calidade da Galipedia. 77.27.184.184 14 de setembro de 2022 ás 16:03 (UTC)Responder

Ola, ip. Grazas polo comentario anterior. Porén, debes lembrar que a Galipedia é unha enciclopedia e como tal non lle cómpre entrar nese tipo de liortas aínda que si manifestar os diferentes pareceres. É por iso que te animo a que aportes ese outro contido, iso si, referenciado como o está o anterior. Unha aperta. MAGHOI (conversa) 14 de setembro de 2022 ás 16:54 (UTC)Responder