Conversa:Música para piano de Gabriel Fauré

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas Piquito, hai que amañar no artigo todas as aparicións de *"de outro" e similares por "doutro" e as súas correspondencias. Cando teñas un momento cámbiao ti xa que tes o artigo en edición e así evitamos problemas. Non te esquezas que este é dos últimos artigos que me faltan por amañar! :) (O outro día modifiquei outro artigo que tiñas ti pero facía máis tempo que estaba sen editar) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2016 ás 12:38 (UTC)[responder]

Notas musicais en cursiva[editar a fonte]

Ola, Piquito. Hai algunha norma ortográfica sobre o uso da cursiva nas notas musicais? Procurei , re, mi, fa, sol, la e si no DRAG e ningunha aparece en cursiva (para os exemplos o DRAG emprega a cursiva, polo tanto, tería que aparecer en letra redonda).--Isili0n (conversa) 17 de novembro de 2016 ás 15:03 (UTC)[responder]

Ola Isili0n! Primeiramente agradecerche a revisión dende o punto de vista lingüístico, sempre tan necesaria. Certamente non sei se hai algunha norma que indique o uso de cursivas nas notas, supoño que irán en letra redonda... Síntoo, pero non podo axudarche nese tema, se consideras que o correcto é quitar as cursivas podes facelo sen problema ou comunícamo para que o faga eu. Mil grazas e un saúdo! Piquito (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 21:49 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Parabéns polo artigo, Piquito!--Isili0n (conversa) 19 de novembro de 2016 ás 15:37 (UTC)[responder]
Moitas grazas por todo,.Isili0n!! Un saúdo!! Piquito (conversa) 20 de novembro de 2016 ás 19:33 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 22:00 (UTC)[responder]