Conversa:Lista de reis de Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

  • Pequeno comentario: coido que foi na revista Historia hai uns meses onde lín a historia do título de príncipe de Asturias, e non ten absolutamente nada que ver co de Rei de Asturias. Así que me chamou a atención a mención -integrada- que se fai no artigo, puidendo moi ben ficar ó remate do artigo... --Adalbertofrenesi 23:07, 12 xuño 2006 (UTC)


Este texto está moi mal fundamentado. Tanto Afonso II, como Afonso III aparecen como reis da Gallaecia en distintos documentos do Vaticano, crónicas francas etc... Afonso I era para a maioría dos historiadores cántabro e Ramiro I chegou ao poder co apoio da aristocracia galaica tras derrotar á nobleza asturiana. Non son reis asturianos por ter a corte en Asturias, o territorio da Gallaecia máis afastado das razzias árabes. Parece un artigo baseado na falseada historiografía española de Pidal e Sánchez Albornoz. Só vos faltou meter ao cid campeador. Por certo Silo era moi posiblemente galaico.

Certamente, non se pode afirmar por exemplo que Paio reinara nalgún momento no territorio da Galiza actual, incluso os modernos historiadores asturianos consideran que Paio seguramente foi un princepsdunha pequena parte de Asturias. Dende logo hai que facer unha clara distinción entre eses reis.

  • Non se tomara a decisión de prescindir das listaxes dado que xa hai categorías para este tipo de cuestións? --Atobar (conversa comigo) 22:07, 21 xuño 2009 (UTC)