Conversa:Lista de episodios de O detective Conan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que deberiamos engadir os resumos dos episodios e a data na que foron estreados na TVG. Amais, poderiamos incluír os episodios non emitidos polo de agora na TVG. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.67.17 (conversacontribucións) o 30 de xullo de 2009‎ ás 12:59

  • Iso é moito choio, pero se te queres pór con el, claro que si. Estaría ben, e logo! --Atobar (conversa comigo) 11:03, 30 xullo 2009 (UTC)

Moi ben, eu póñome co asunto, pero vou precisar axuda na redación do texto. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.0.184.41 (conversacontribucións) o 1 de agosto de 2009 ás 17:17

Hai con esta páxina algún problema, non sei se era que moitos episodios aparecían sen separar, recuperei unha versión antiga na que aparecían os todos os episodios separados.--RNC 19:07, 14 novembro 2009 (UTC)
Paréceme desproporcionado engadi-lo resumo de cada capítulo. Sonche 300 capítulos e non sei cal pode se-lo interese enciclopédico de incluí-lo resumo de todos eles. Mesmo por razóns técnicas: de dar acabado ese chollo, a páxina vai resultar inmanexable. Pedro --Lameiro (conversa) 19:24, 14 novembro 2009 (UTC)
Claro que si o arigo ten problemas, estaria ben que un usuario que saiba do tema diga algo e si é necesario que faga un pedido de borrado dando as esplicacións. Outra cousa e borrar moito traballo doutros para deixar isto (Revisión como estaba ás 19:56, 14 novembro 2009). Hai dous problemas distintos.Elvira (conversa comigo) 19:38, 14 novembro 2009 (UTC)
Vós fixestes ben, recuperastes a información borrada; eu pola miña parte só borrei información que estaba toda xunta por falta de formato e que polo tanto se facía difícil de ler, tal como estaba non podía permanecer ou se separaba como o resto dos episodios ou tiña que borrarse.--RNC 19:43, 14 novembro 2009 (UTC)
    • Se queremos manter a información sobre cada episodio, podemos copiar o que optaron facer na Wikipedia en inglés: facer artigos separados de cadansúa temporada (por exemplo, Lista de episodios de O detective Conan (temporada 1)) e alí (dado que a lista sería de menor tamaño) incluír os resumos dos episodios. Nesta páxina só manteriamos a lista cos títulos e nada máis. --Toliño Fala aquí comigo 10:04, 15 novembro 2009 (UTC)

Adianto de información non confirmada[editar a fonte]

Non creo que debamos adiantar os títulos de episodios non emitidos facendo unha tradución do xaponés. Que pensades? Non sería mellor agardar á emisión dos episodios na G2? --Toliño Fala aquí comigo 20:17, 28 novembro 2009 (UTC)

Data de estrea dos episodios[editar a fonte]

Ola. Creo que todos podemos colaborar para mellorar este artigo. Por exemplo, neste mesmo artigo noutras linguas, inclúese a data de estrea en Xapón, algo que se podería traducir e poñer na sección da táboa de episodios correspondente. Para a data de estrea en Galicia podemos observar o historial da páxina do artigo O detective Conan, que contén as datas. Por favor, se tendes algún aporte incluídeo. Grazas a todos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 213.0.184.41 (conversacontribucións) o 3 de febreiro de 2010 ás 17:32

Título "de o"/"do"[editar a fonte]

O título non debería ser Lista de episodios do detective Conan? (do mesmo xeito que faríamos, por exemplo: lista do que sexa da Coruña, e non Lista do que sexa de A Coruña). --. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2015 ás 19:34 (UTC)[responder]

Certo. Segundo as NOMIG ben podía se-lo que propós ou Lista de episodios d'O detective Conan. Saúdos.