Conversa:Lingua de sinais

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Lingua de signos»)

Untitled[editar a fonte]

Vaia por diante que non teño nin idea de linguaxe de signos, pero lendo o artigo chócame esta frase: a combinación da cabeza e a expresión facial poden indicar un sinal de subnormalidade e unha oración de relativo. Non sei se é correcta ou non, pero aínda que o sexa penso que non está ben redactada así, como mínimo habería que mudar a partícula "e" por "ou". Se alguén controla do tema que me (nos) ilumine.--Paradanta (Cóntame) 10:04, 1 de outubro de 2010 (UTC)

Eu diría que alguén se trabucou, non teño nin idea de lingua de signos pero [1] aquí dise que indica unha relación gramatical de subordinación.--Cheluco 14:20, 1 de outubro de 2010 (UTC)
Graciñas unha vez máis, Cheluco. Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 14:30, 1 de outubro de 2010 (UTC)