Conversa:Liceo de la juventud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Unha fotografía inserta no texto semella non corresponder co artigo e outras cousas[editar a fonte]

Bos días a todos. Hai publicada neste artigo unha imaxe que semella non corresponder co Liceo de la Juventud rosaliano, senón co ecuatoriano da provincia do Azuay. Se lemos o texto que o acompaña podemos ver que di «Liceo de la Juventud del Azuay. 1903».
Por outra banda, no apartado de Bibliografía semella que non está correctamente wikificado. Fago estas apreciacións porque tampouco estou seguro ao 100% de se é correcto ou non o que estou sinalando. Déixoo para o xuízo de máis colegas. Grazas e un saúdo--Castelao (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 09:26 (UTC)

@Castelao: Efectivamente, a imaxe está incorrecta. Procedo a corrixir a información en Commons e a avisar á persoa que a subiu. Cando sexa así mételle man aos artigos sen medo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de xuño de 2018 ás 10:48 (UTC)