Conversa:Leonardo da Vinci

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Leonardo Da Vinci»)

Posibles melloras[editar a fonte]

Creo que podería revisarse esta frase: "O proxecto escultórico de Leonardo do que máis se sabe é o que dunha estatua ecuestre que representase a Francisco Sforza, pai de Ludovico o Mouro." Non sei se lle falta algunha coma ou se a redacción non é clara, mais paréceme enrevesada. Piquito (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 16:26 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--Alfonso mande 10 de agosto de 2013 ás 22:55 (UTC)[responder]

Cambio de nome a Leonardo Da Vinci[editar a fonte]

Cambiei o nome basándome neste documento da Universidade de Vigo, p. 7 --Alfonso mande 6 de abril de 2017 ás 13:23 (UTC)[responder]

Boas tardes Alfonso. Coido que a ligazón está morta e sorpréndeme xa que noutras Wikipedias aparece da Vinci. Un saúdo, --RubenWGA (conversa) 6 de abril de 2017 ás 14:34 (UTC),[responder]
A ligazón correcta é esta, pero non sei se esa norma é de aplicación xeral. Ti que dis Isili0n? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de novembro de 2017 ás 14:03 (UTC)[responder]

Non atopo ningunha norma ao respecto, mais si que me resulta estraño velo escrito en maiúscula, porque, polo xeral, a preposición escrita con inicial maiúscula só a atopamos cando se elude o nome: señor De Sousa/De Torres. Un saúdo.--Isili0n (conversa) 18 de novembro de 2017 ás 12:55 (UTC)[responder]

Eu atopei este texto e máis estoutro na web da RAG no que usa Leonardo da Vinci, polo que xunto co apuntado por Isili0n entendo que debe cambiarse a Leonardo da Vinci, e se non tes inconveniente, Alfonso, farei o cambio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 13:49 (UTC)[responder]
Concordo co cambio de nome. --Breogan2008 (conversa) 21 de novembro de 2017 ás 08:33 (UTC)[responder]
Grazas Alfonso por mover o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 08:26 (UTC)[responder]

A sección traxectoria comeza cunha cita de Giorgio Vasari, precisaría dunha referencia. Alfonso, podes engadirlla ti? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de novembro de 2017 ás 14:14 (UTC)[responder]

Alfonso, xa engadín a referencia a esta cita. Ti poderías revisar os outros "Cómpre referencia" que hai no artigo? Xa que ti sabes mellor de onde está traducida cada parte, ó mellor nos artigos das outras wikis pode que xa se engadiran. É que eu estiven buscando esas partes nas outras wikis e non as dei atopado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2017 ás 02:09 (UTC)[responder]

Referencia incorrecta[editar a fonte]

A referencia 10 di: "Segundo Vasari, Boltraffio, Castiglione, Gaddiano, Berensen, Taine, Fuseli, Rio, Bortolon etc. Véxanse as citas específicas na parte «A lenda de Leonardo».", porén, non hai ningunha sección "A lenda de Leonardo" no artigo. Hai que engadir outra referencia porque esa nota non é moi axeitada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2017 ás 10:43 (UTC)[responder]

Cambie a nota para que indique que a información se atopa nas obras deses autores sobre Leonardo xa que é a referencia desta información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 12:36 (UTC)[responder]

Tamén hai varias notas que non teñen referencia e que habería que engadirllas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2017 ás 02:12 (UTC)[responder]

Sección Os seus escritos[editar a fonte]

Alfonso, a sección Os seus escritos, non atopo de que wiki se trouxo e ten unha frase que non me cadra moito. Di "Por esta razón L. Sprague de Camp considerábao non como o primeiro enxeñeiro moderno, senón como o último dos enxeñeiros da antigüidade", e polo que vin Sprague creo que foi un escritor de ciencia ficción, non sei que autoridade tiña para dicir iso, tamén era biógrafo de Leonardo? Penso que habería que quitar a frase ou engadirlle unha referencia. A maiores esa sección é un pouco curta, ó mellor podería integrarse noutra das anteriores... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 12:30 (UTC)[responder]

Os outros "cómpre referencia" que hai no artigo non dou atopado de onde saen nin fontes para referencialos polo que se non se atopa nada eu diría que deberían eliminarse xa que non poden ser verificados. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 12:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Leonardo da Vinci. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 12:54 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 00:33 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Leonardo da Vinci. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de febreiro de 2020 ás 04:14 (UTC)[responder]