Conversa:Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño mover este título, ou ben a O fabuloso destino de Amélie Poulain ou ben a ese mesmo título pero en francés. Amélie é o título en español, pero non en galego. --Xabier Cid 15:04, 11 setembro 2007 (UTC)

Creei o artigo con ese título porque é como coñece a maioría da xente a esta película, non porque sexa o título en español e independentemente de que o sexa (non hai ningunha palabra en castelán, segue sendo un nome propio francés). En calquera caso, eu non teño ningún problema en que se cambie se pensades que é máis axeitado. --MVF 16:27, 11 setembro 2007 (UTC)


Non o digo por cruzada antiespañol, en absoluto. Dígoo porque deberiamos poñer orde no título dos filmes. E, mentres que non se toma unha decisión definitiva, creo que se podería optar por calquera destas tres formas:

  • O título orixinal sempre, como fixeches en The Silence of the Lambs
  • O título en galego sempre (seguindo a tradución existente da súa estrea en cine ou en televisión, e se non, traducíndoo literalmente da lingua orixinal)
  • O título en galego seguindo a tradución existente da súa estrea en cine ou en televisión (O silencio dos años), e se esta non se producise, no idioma orixinal.

Eu particularmente optaría pola segunda, se queremos combinada cunha redirección do título orixinal. Pero non creo que sexa axeitado títulos comerciais españois (neste caso é un antropónimo, pero por que non El silencio de los corderos?) ou alemáns, ou xaponeses. --Xabier Cid 16:37, 11 setembro 2007 (UTC)

    • PS: acabo de darme de conta de que xa existen esas dúas páxinas... a ver como resolvemos, ;) --Xabier Cid 16:38, 11 setembro 2007 (UTC)

Si, tes razón no que dis. Eu ó principio cando comezaba artigos de películas non sabía cal era a correcta entre as opcións que planteas, pero outros compañeiros explicáronme (ou pode que o vise nalgunha páxina de discusión, non o lembro exactamente) que debía manter os títulos orixinais a non ser que os filmes foran estreados con dobraxe galega. Entendín que era algo que estaba así establecido e é o que fago sempre. Neste caso, pareceume que non sería importante editalo simplemente como "Amélie", pero sendo coherentes, é certo que o mellor sería movelo.

En canto a The Silence of the Lambs acabo de miralo e existe a páxina de desambiguación, pero non os artigos propiamente. De tódolos xeitos, eu non son nada experta na Galipedia (procuro ir tomando nota do que facedes e dicides os demais) e non teño nin idea de como arranxalo! Seguro que ti saberás mellor ca min... --MVF 17:19, 11 setembro 2007 (UTC)


Daquela, alguén pode dicir se Amélie se estreou na TVG e con que título? E O silencio dos años? --Xabier Cid 17:55, 11 setembro 2007 (UTC)