Conversa:Laxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Isidro Parga Pondal non foi un xeógrafo, foi un xeólogo; e o Instituto Parga Pondal non é xeográfico, é o Instituto Universitario de Xeoloxía "Isidro Parga Pondal", da Universidade da Coruña e o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Pódese ver na propia entrada do personaxe na Wikipedia, e na web do Instituto. (Este comentario fíxoo o usuario 193.146.141.168, ás 10:30 do 21 de setembro de 2012‎, pero esqueceu asinar.)

  • Corrixido. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 16:42, 21 de setembro de 2012 (UTC)

Confusión habitual patrimonio/turismo[editar a fonte]

Cómpre non caer no erro habitual de incluír o patrimonio (natural, cultural etc) dentro dun apartado "turismo". O patrimonio (xeográfico, arquitectónico...) ten entidade, valor e interese enciclopédico de seu, con independencia do fenómeno turístico, e non debe ir supeditado nun apartado "Turismo". --. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2017 ás 09:18 (UTC)[responder]