Conversa:Lance Armstrong

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Onde se le

"En 1999, Armstrong gaña o seu primeiro Tour de Francia. A este seguíronlle seis trunfos máis, na maior parte dos cales superou en máis de seis minutos ó segundo. Só en 2003 correu un verdadeiro risco, pois Jan Ullrich ameazou a súa vitoria ata o último momento (de feito, ó final a diferenza entre ambos era escasamente superior ó minuto)"

cómpre puntualizar. É certo que a superioridade manifesta de Armstrong nos sete tours que gañou era tal que mudo a propia estratexia do pelotón, que prescindiu do ciclismo de ataque para centrarse só en seguir a roda do US Postal para perder o menor tempo posible e asegurar podios en vez de disputar a vitoria final. É improdutivo discutir se a maior ameaza para Armstrong foi un ciclista ou outro, mais coido que cómpre mencionar tamén o Tour de 2003 con Joseba Beloki como rival do norteamericano.

Beloki fora o único capaz de seguir a estela de Armstrong en 2003, e dos poucos que se atrevía a atacalo. Lamentablemente, a gran loita entre os dous ciclistas viuse truncada na etapa novena, o 14 de xullo de 2003. Armstrong e Beloki fuxían como perseguidores en solitario do ruso Alexander Vinokurov. A oito kilómetros da meta, durante o descenso do Col de La Rochette, Beloki esbarou no asfalto derretido pola calor, sufrindo unha gravísima caída na que rompeu o fémur, o cóbado e a meniña. Armstrong seguía nese intre a estela do guipozcoano, polo que puido correxir a súa traxectoria a tempo e minimizar a súa caída.

Penso que Beloki, naquel momento un dos mellores ciclistas do pelotón, puido ter disputado a vitoria final a Armstrong, polo que, aínda que se pode discutir se a súa ameaza era inferior ou superior á de Ullrich, debe ser citada no artigo.