Conversa:Juan Varela-Portas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Juan Varela-Portas y Pardo»)

Untitled[editar a fonte]

De onde sae y Pardo? Polo que puiden mirar nalgunhas fontes en rede, o señor é Juan Varela Portas. O y Pardo vén, creo, da wiki en castelán. --Atobar (conversa comigo) 30 de novembro de 2016 ás 11:30 (UTC)[responder]

O de "y Pardo" téñoo visto nalgún libro e na propia web do Breogán. Véxase aquí ou aquí. Tamén é certo que é habitual ver o nome como Juan Varela Portas" a secas, por exemplo aquí. Saúdos! --Adorian (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 13:29 (UTC)[responder]
A min o y paréceme que sobra. O que non teño claro é se o señor se chamaba Juan Varela Portas, Juan Varela-Portas Pardo, Juan Varela Pardo, Juan Portas Pardo... Na rede, as referencias son contraditorias, pero até onde eu vin ningunha é fonte primaria. Polo momento, optaría por mover a páxina a Juan Varela-Portas Pardo, aínda que non as teño todas comigo. --Atobar (conversa comigo) 30 de novembro de 2016 ás 14:09 (UTC)[responder]
Procurando pola rede, encontrei unha referencia na páxina web de Pazo de Vilane, empresa fundada por Juan Varela e actualmente presidida pola súa filla e ven co nome tal é como figura no título do artigo, así que eu optaría por deixalo. Se se quere mudar tampouco me importaría demasiado.--Adorian (conversa) 30 de novembro de 2016 ás 21:33 (UTC)[responder]