Conversa:Isabel I de Rusia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Isabel ou Sabela? --Atobar (conversa comigo) 12:56, 6 setembro 2009 (UTC)

Polo que pon na páxina 22 do documento Lingua Galega. Criterios Lingüísticos sería Sabela.--Lala Lugo 13:46, 6 setembro 2009 (UTC)
  • O VOLGa admite isabelino que o dicionario Ir Indo define: Relativo ou pertencente aos reinados das raíñas Isabel I de Inglaterra, Isabel I a Católica e Isabel II de España. Parece logo que se admite a forma Isabel.--RNC 14:00, 6 setembro 2009 (UTC)
Non teño referencias pero supoño que Sabela será un hipocorístico de Isabel que adquiriu co tempo entidade propia, ata o punto de nos estar preguntando cal é a forma galega Isabel ou Sabela cando realmente as dúas o son, pero iso non quere dicir que se usen indistintamente, é un pouco como Natalia e Natasha, este último non é en orixe máis que un diminutivo pero agora non podemos chamar as Natalias Natashas nin as Natashas Natalias.--RNC 14:16, 6 setembro 2009 (UTC)
    • No Diccionario dos nomes galegos de Ferro Ruibal, a entrada principal é Sabela, á que remite Isabel, pero as dúas son variantes válidas sendo Sabela como máis galega. Engade que Isabel (que é forma portuguesa, francesa -Isabelle-, italiana -Isabella-, castelá e catalá) "foi unha innovación propiamente hispánica, que trocou o -et final (do grego Elisábet e latino Elísabet) en -el, e elidiu o -el inicial, talvez por certa confusión co artigo". No texto utiliza a forma Isabel para a Católica e Sabela para as santas de Hungría e Portugal; na paremioloxía que cita hai 5 Sabelas, 1 Sabel e 5 Isabel. Pedro --Lameiro (conversa) 14:28, 6 setembro 2009 (UTC)
  • Non é exactamente así, a innovación foi occitana, da época dos trobadores, e facilmente puido chegar a Galicia polo Camiño de Santiago, aínda que é claro que o nome se popularizou en España pola raíña Isabel, e na tradución galega da Biblia a nai de Xoán Bautista é Isabel, a eliminación da primeira sílaba nos hipocorísticos galegos é moi frecuente: Chefa por Xosefa, Chano por Luciano, Cía por Icía, Cisco por Francisco, Goro por Gregorio, Tante por Constante e un longo etc.--RNC 14:36, 6 setembro 2009 (UTC)
  • A forma aparece por primeira vez en galego a fins do século XIII como Ysabel e Ysabela, como Isabel aparece por primeira vez en 1352 (Ramón Lorenzo)--RNC 14:50, 6 setembro 2009 (UTC)
    • No TMILG a forma Sabela é minoritaria, polo que é difícil que se poida considerar castelanismo ou pouco galego a Isabel (coa variante Ysabel), que e a forma maioritaria no galego medieval--RNC 15:03, 6 setembro 2009 (UTC)