Conversa:Igrexa de San Froitoso de Santiago de Compostela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Alguén podería achegar referencias? Eu no seu momento no as atopei (máis que en Turgalicia, onde a denominaban como Igrexa de San Frutuoso). Refírome non só ao nome da igrexa senón tamén ao do propio santo, Frutuoso/Froitoso. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 19 de febreiro de 2017 ás 19:29 (UTC)[responder]

Atopo isto, pero para a capela situada no Cualedro. --Atobar (conversa comigo) 19 de febreiro de 2017 ás 19:32 (UTC)[responder]
E isto, pero segue estando lonxe de ser unha referencia académica. A ver logo se alguén puidese deitar algo de luz. --Atobar (conversa comigo) 19 de febreiro de 2017 ás 19:34 (UTC)[responder]
O Dicionario dos nomes, de Xesús Ferro, tamén dá o nome de Froitoso, e logo Fructuoso remite a Froitoso; non recolle a forma Frutuoso. Así que en canto ó nome do santo temos dúas referencias para Froitoso e unha (lonxe de ser unha referencia académica) para Frutuoso. E en canto á descrición da igrexa e o seu contido, eu colín onte na propia igrexa un folletiño (un A4 polas dúas caras), sen data nin sinatura da que tomarei información. Non nos vale para o nome do santo porque o folletiño está en castelán (¡que raro!, ¿no?) Pedro --Lameiro (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 14:44 (UTC)[responder]
Penso que cómpre movelo a Froitoso. --Norrin (Fálame) 2 de agosto de 2017 ás 11:38 (UTC)[responder]
Concordo para San Froitoso hai abondas referencias as que se cita, e p. ex. Historia da cidade de Santiago de Compostela editada en 2003 e mesmo está recollido na propia páxina da Conferencia Episcopal Española[1]--HacheDous=0 (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 11:49 (UTC)[responder]